2022
INVERNO
Febreiro / día 20
XORNADAS DE INICIACIÓN
Raquetas de Neve
As técnicas de desprazamento sobre raquetas de neve facilitan a progresión en terreos con grande cantidade de neve branda. O coñecemento da historia e uso deste material axuda e completa a formación do deportista ou persoa coa necesidade de desprazarse en terreos con neve branda. As prácticas no terreo nevado se complementan coas clases teórico/prácticas sobre o coidado e mantemento das raquetas de neve e bastóns.
¡¡ As Montañas de Trevinca-A Veiga xa son Paraíso Natural !! Pola súa fauna e avifauna. Pola súa flora. Pola súa morfoloxía glaciar. Polos seus ríos e vales. Polos seus bosques e limpos ceos nocturnos.
¡¡ Moi pronto debería de ser !! ¡¡ PARQUE NATURAL !!
Zona: Escola de prácticas de neve do Pico Maluro e Sestil Alto
DOMINGO, 20 | |
08:45 h | LUGAR DE ENCONTRO: Vilanova de Trevinca. Inmediacións da Casa de Turismo Rural. |
09:00 h – 09:45 h | Charlas: “Historia e principios xerais do emprego das raquetas de neve” e “mantemento e revisións das raquetas de neve”. |
10:00 h | Saída de prácticas a zona da escola de neve do Pico Maluro/Sestil Alto. |
13:30 h | Descanso comida. |
14:00 h | Continuación coas prácticas. |
16:00 h | Regreso a Vilanova de Trevinca. |
17:45 h | Descanso/café e comentarios sobre a xornada. |
18:15 h | Finalización e clausura da xornada. |
OS HORARIOS PODERÁN SER MODIFICADOS POR CAUSAS DA METEOROLOXÍA E/OU CONDICIÓNS DA NEVE.
O percorrido comeza no pobo de Vilanova, a uns 1.220 m., con chegada de novo ao pobo de Vilanova. A hora de encontro será ás 08:45 h. do sábado día 20.
A distancia a percorrer dende a saída en Vilanova ata a zona de prácticas de neve no Pico Maluro, é duns 7,3 Km. e unhas 2 horas como tempo total aproximado, segundo as condicións físicas dos participantes e as propias condicións da neve. Os tempos calculados sempre son aproximados tendo en conta as razóns antes descritas, meteoroloxía e condicións do terreo nevado.
O equipo e material necesario para esta actividade de emprego e técnica de raquetas de neve, son as propias raquetas de neve e bastóns, ademais, o equipo apropiado para condicións invernais como botas de montaña de caña alta adecuadas para neve, dous pares de lubas, gorro de inverno, bufanda tubular, gafas de sol e crema solar, pantalóns e vestimenta para montaña invernal. No suposto de non ter raquetas de neve e bastóns, se poden solicitar ó clube de Montañismo Montañas de Trevinca, sen custe algún para o participante nesta actividade. Por suposto, tamén é necesario a comida e auga suficiente para unha xornada en montaña dunhas 8/9 horas.
É conveniente que os/as participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano en curso, de non ser así, deberán comunicalo no momento da inscrición, para que a organización da actividade tramite o seu seguro de accidentes correspondente.
A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que por causas fortuítas poidan ocorrer ós/ás participantes, pero loxicamente, se intentarán prever e se tratará por tódolos medios de evitalos. A inscrición nesta actividade confirmará a aceptación de dito punto.
Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do menor, sempre tendo en conta as probables condicións de neve/xeo do percorrido.
Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.
O tipo de comida para esta actividade é conveniente que sexa de tipo lixeiro, pouco peso e fácil dixestión. Nos percorridos por montaña polas súas características, non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante o percorrido.
Debido ao paso por zonas con abundancia de animais salvaxes e outros de pastoreo, non se permite o acompañamento de cans, ou calquera outro animal de compaña.
Os/as participantes deberán respectar as indicacións da organización que teñan que ver coa súa seguridade ou a do grupo, de non ser así, poderán ser excluídos da actividade como participantes, baixo a responsabilidade da Dirección da actividade.
No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ó participante durante o percorrido.
O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.
Os/as participantes se comprometen a respectar o entorno e a non deixar ningún tipo de lixo, tamén, a evitar calquera dano a animais e plantas.
Dirección e Guía
Juanjo Lorenzo Veigas
Técnico Deportivo N2 – Media Montaña
Colaborador
Antonio Fenández (Cholo)
Técnico Deportivo: Montañismo-Alpinismo-Escalada en Roca
Colaboradora
Mónica Rodríguez Fernández
Técnica Deportiva N1 en Montaña
Colaborador
Marcos Pérez Rivas
Técnico Deportivo N1 en Montaña
- Data límite para anotarse á actividade, xoves, 17 de febreiro ata as 21:00 h.
- Prazas limitadas en atención ás características de grande valor natural da contorna
Nº PRAZAS
12
CONFIRMADAS
10
- As prazas confirmadas son orientativas.
- A actualización non é automática.
- Antes de inscribirse consultar disponibilidade de praza.
- 689.53.66.01
PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024
AS MONTAÑAS DE TREVINCA
Cima de Galicia
A Veiga – Ourense