2023

PRIMAVERA

Xuño / día sábado 17

“Día da Montaña Galega”
XXI Aniversario “Unha aperta a Trevinca”

Vilanova – Pico do Maluro – Lombo do Rocín – A Valigota – Pena Trevinca – Sestil Alto – Vilanova. (24,8 Km)

– Para que as diferentes administracións valoren as nosas Montañas con agarimo e razóns medioambientais.

– Para que todas as persoas coñezan e podan admirar a beleza das nosas Montañas.

– Para que os deportistas e camiñantes en busca de emocións, aventura ou coñecementos, sintan o debido respecto e coiden as Montañas como se da súa casa se tratase.

– Para que os clubs, asociacións e federacións de montañismo sexan os gardiáns protectores e defensores dos valores culturais, medioambientais e deportivos, que sempre deben de ser as razóns prioritarias do Montañismo, que foi, é e será, “Máis que un Deporte”.

– Que Pena Trevinca-Cima de Galicia e todas as Montañas Galegas estean para sempre protexidas de calquera actividade realizada polo ser humano que provoque ou sexa causa da destrución dos hábitats naturais de aves, animais ou prantas.

– A Montaña é aire limpo!!   A Montaña é auga limpa!!   A Montaña é beleza!!   A Montaña é tranquilidade!!   A Montaña é sanadora!!  A Montaña é conversa interior!!   A Montaña é a nosa boa amiga!!  A Montaña é vida!!

SE COIDAMOS E PROTEXEMOS A MONTAÑA/NATUREZA, ELA TAMÉN NOS COIDARÁ E PROTEXERÁ A NÓS!!

¡¡ As Montañas de Trevinca-A Veiga xa son Paraiso Natural !!

Pola súa fauna e avifauna. Pola súa flora. Pola súa morfoloxía glaciar. Polos seus ríos e vales.
Polos seus bosques e limpos ceos nocturnos.

¡¡ Moi pronto debería de ser !!
¡¡ PARQUE NATURAL !!

Antonio Fernández (Cholo)
Técnico Deportivo N2 Escalada-Roca-Montañismo
Dirección da Actividade

Juanjo Lorenzo Veigas
Técnico Deportivo N2 – Media Montaña
Guía da Actividade

Mónica Rodríguez Fernández
Técnica Deportiva N1
Colaboradora

Marcos Pérez Rivas
Técnico Deportivo N1
Colaborador

09:00 h Lugar de reunión en Vilanova (Comezo das Rutas de Montaña)
13:00 h – 13:30 h Chegada a Pena Trevinca.
14:00 h Saída de Pena Trevinca.
18:00 h Chegada Vilanova e clausura da actividade.
  • A data límite para anotarse á actividade, xoves, 15 de xuño ata ás 15:00 horas.

  • É conveniente que os participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano en curso, de non ser así deberán indicalo na ficha de inscrición, para que a organización da actividade o tramite e se faga cargo do seu seguro de accidente.

  • Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do menor.

  • Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.

  • A comida do mediodía se realizará por conta propia.

  • Ademais do equipo apropiado segundo a climatoloxía, tódolos/as participantes no percorrido deberán levar o calzado idóneo para unha marcha por montaña, imprescindible, as botas de caña alta.

  • Non se permite a participación de cans ou calquera outro animal de compañía.

  • Non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante o percorrido.

  • En todo momento, os/as participantes están suxeitos as normas da organización e dirección dos/as responsables do percorrido.

  • No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante durante o percorrido.

  • O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.

Equipo: Vestimenta axeitada ás condicións meteorolóxicas dunha época estival con previsión de calor. Se recomenda camisa ou camiseta de manga larga e pantalón largo. Imprescindible botas de caña alta. Roupa de abrigo para as paradas. Gorra ou visera e lentes para protección solar. Crema de protección con factor non inferior a 50.

Material Técnico: Bastóns.  Mochila.

Completar: Comida de día – Auga (non menos de 1.5 l).

Acompañamento, charlas explicativas e tramitación de seguro de accidentes para os/as participantes non federados/as.

Horario8:30 hSeveridad del medio natural2
Desnivel de subida1303 mOrientación en el intinerario2
Desnivel de bajada1398 mDificultad en el desplazamiento3
Distancia horizontal24,8 kmCantidad de esfuerzo necesario4
Tipo de recorridoTravesía   
Condiciones de verano, tiempos estimados según criterio MIDE, sin paradas.
Calculado sobre datos de 2023.

Montañas de Trevinca

Perfil web Trevinca

Nº PRAZAS

25

CONFIRMADAS

10

PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024

AS MONTAÑAS DE TREVINCA

Cima de Galicia
A Veiga – Ourense

ORGANIZA

COLABORA

PATROCINA