2021

PRIMAVERA

Abril / día 18

“Camiños da Doncela Encantada”
Lagoas glaciais de Trevinca

Vilanova de Trevinca – O Carboeiro (1319 m) – Penedos de Jose María – Outeiro do Bruxo – A Ponte – Balcón de A Serpe – Pico Ocelo (1696 m) – Val das Morteiras – A Ponte – Vilanova de Trevinca. (24 Km)

Dar a coñecer lugares singulares dos arredores de Vilanova, A Ponte e Xares, ademais das súas lendas, e razóns antropolóxicas. As lagoas glaciais de Trevinca tamén son sempre un motivo de visita e unha forma moi interesante para coñecer as súas características glaciais. O Centro de Interpretación da Montaña de Trevinca en A Ponte, nos ofrece a posibilidade dun percorrido didáctico por estas montañas.

¡¡ As Montañas de Trevinca-A Veiga xa son Paraiso Natural !!
Pola súa fauna e avifauna. Pola súa flora. Pola súa morfoloxía glaciar. Polos seus ríos e vales.
Polos seus bosques e limpos ceos nocturnos.

¡¡ Moi pronto debería de ser !!
¡¡ PARQUE NATURAL !!

Antonio Fernández (Cholo)
Técnico Deportivo N2 Escalada-Roca-Montañismo
Dirección da Actividade

Juanjo Lorenzo Veigas
Técnico Deportivo N2 – Media Montaña
Guía da Actividade

Mónica Rodríguez Fernández
Técnico Deportiva N1
Colaboradora

Marcos Pérez Rivas
Técnico Deportivo N1
Colaboradora

07:30 h Saída da aldea de Vilanova de Trevinca (Comezo das Rutas de Montaña)
08:15 h – 09:00 h “Outeiro do Bruxo”. Razóns de antropoloxía nas lendas de Serpes e Dragóns.
09:00 h – 09:15 h Aldea de A Ponte.
11:45 h – 12:00 h “Balcón de A Serpe”
13:30 h – 14:00 h Pico Ocelo (por senda de corzos e lobos)
17:30 h – 18:00 h Chegada a aldea de Vilanova de Trevinca. Comentarios e clausura da actividade.
  • EN PRIMEIRO LUGAR, SE ADVIRTE QUE, NO MOMENTO DA REALIZACIÓN DESTA ACTIVIDADE DEPORTIVO E CULTURAL, SE DEBEN CUMPRIR TÓDALAS NORMAS DE SEGURIDADE SANITARIA INDICADAS POLO MINISTERIO DE SANIDADE CON RELACIÓN AO COVID19 PARA AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS.   TANTO A ORGANIZACIÓN COMA OS PARTICIPANTES, ESTAMOS OBRIGADOS/AS A MANTER E FACER CUMPRIR AS DISPOSICIÓNS DE SEGURIDADE E HIXIENE DURANTE TODO O TEMPO QUE DURE A ACTIVIDADE. 

  • A data límite para anotarse á actividade, xoves, 15 de abril ata ás 15:00 horas.

  • É conveniente que os participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano 2021, de non ser así deberán indicalo na fihca de inscrición, para que a organización da actividade o tramite e se faga cargo do seu seguro de accidente.

  • Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do menor.

  • Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.

  • A comida do mediodía se realizará por conta propia.

  • Ademais do equipo apropiado segundo a climatoloxía, tódolos/as participantes no percorrido deberán levar o calzado idóneo para unha marcha por montaña, imprescindible, as botas de caña alta.

  • Non se permite a participación de cans ou calquera outro animal de compañía.

  • Non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante o percorrido.

  • En todo momento, os/as participantes están suxeitos as normas da organización e dirección dos/as responsables do percorrido.

  • No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante durante o percorrido.

  • O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.

  • PRAZAS LIMITADAS ás disposicións vixentes polas Administracións competentes en Sanidade no momento da realización da actividade.

Equipo: Vestimenta axeitada ás condicións meteorolóxicas dunha época primaveral con posibles cambios de temperatura. Se recomenda camisa ou camiseta de manga larga e pantalón largo. Botas de caña alta. Roupa de abrigo para as paradas. Gorra ou visera e lentes para protección solar. Crema de protección con factor no inferior a 50. Calquera outro material hixiénico de uso obrigatorio pola administración no momento de realizar a actividade.

Material Técnico: Bastóns.  Mochila.

Completar: Comida de día – Auga (non menos de 1.5 l).

Acompañamento, charlas explicativas e tramitación de seguro de accidentes para os/as participantes non federados/as.

Horario 9:50 h Severidad del medio natural 3
Desnivel de subida 1625 m Orientación en el itinerario 4
Desnivel de bajada 1639 m Dificultad en el desplazamiento 4
Distancia horizontal 24,0 km Cantidad de esfuerzo necesario 4
Tipo de recorrido Circular
Condiciones de verano, tiempos estimados según criterio MIDE, sin paradas. Calculado sobre datos de 2021.

Nº PRAZAS

ACTUAL 16

CONFIRMADAS

05

PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024

AS MONTAÑAS DE TREVINCA

Cima de Galicia
A Veiga – Ourense

ORGANIZA

COLABORA

PATROCINA