2023
OUTONO
Abril / sábado día 15
Entre Vales – O Canda (Vales Glaciares de Trevinca)
Lagoas de Tablillas (Parque Natural de Sanabria) – Cabana dos Currais – Os Pichos – Val do Canda – Seoane.
Unha experiencia moi agradable e tamén moi esixente ó non existir camiño algún, soamente pequenas vereas de paso de animais como o lobo, os cervos, etc.
Dar a coñecer os vales glaciares máis importantes das Montañas de Trevinca, neste caso o magnífico Val do Canda, consecuencia do rebordamento do poderoso glaciar do Bibei na provincia de Zamora. O descenso por este val glaciar do Canda constitúe unha experiencia moi agradable e tamén moi esixente ó non existir camiño algún, soamente pequenas vereas de paso de animais como o lobo, os cervos, etc.
¡¡ As Montañas de Trevinca-A Veiga xa son Paraiso Natural !!
Pola súa fauna e avifauna. Pola súa flora. Pola súa morfoloxía glaciar. Polos seus ríos e vales.
Polos seus bosques e limpos ceos nocturnos.
¡¡ Moi pronto debería de ser !!
¡¡ PARQUE NATURAL !!
Antonio Fernández (Cholo)
Técnico Deportivo N2 Escalada-Roca-Montañismo
Guía da Actividade
Juanjo Lorenzo Veigas
Técnico Deportivo N2 – Media Montaña
Guía da Actividade
Mónica Rodríguez Fernández
Técnica Deportiva N1
Colaboradora
Marcos Pérez Rivas
Técnico Deportivo N1
Colaborador
09:30 h | SEOANE. Recepción participantes. Explicacións sobre percorrido. |
10:15 h | Inicio do percorrido (Lagoas de Tablillas). |
12:15 h – 12:30 h | Os Pichos. |
14:15 h – 14:30 h | A Veiga Redonda. |
15:00 h | Saída despois de comer da Veiga Redonda. |
17:00 h | Final do percorrido en Seoane. |
17:30 h | Recollida dos vehículos en Lagoas das Tablillas. |
18:00 h | Clausura da actividade. |
A data límite para anotarse á actividade, xoves, 13 de abril ata ás 15:00 horas.
É conveniente que os participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano en curso, de non ser así deberán indicalo na fihca de inscrición, para que a organización da actividade o tramite e se faga cargo do seu seguro de accidente.
Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do menor.
Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.
A comida do mediodía se realizará por conta propia.
Ademais do equipo apropiado segundo a climatoloxía, tódolos/as participantes no percorrido deberán levar o calzado idóneo para unha marcha por montaña, imprescindibles, as botas de montaña de caña alta.
Non se permite a participación de cans ou calquera outro animal de compañía.
Non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante o percorrido.
En todo momento, os/as participantes están suxeitos as normas da organización e dirección dos/as responsables do percorrido.
No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante durante o percorrido.
O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.
PRAZAS LIMITADAS: 15 prazas
CUSTE DA ACTIVIDADE:
Socios/as con licenza federativa – 15 €.
Socios/as sen licenza federativa – 21 €.
Asociarse 1 anualidade – 15 €.
Equipo: Vestimenta axeitada ás condicións meteorolóxicas dunha época outonal con posibles cambios de temperatura. Se recomenda camisa ou camiseta de manga larga e pantalón largo. Botas de caña alta. Roupa de abrigo para as paradas. Gorra ou visera e lentes para protección solar. Crema de protección con factor no inferior a 50.
Material Técnico: Bastóns. Mochila.
Completar: Comida de día – Auga (non menos de 1.5 l).
Acompañamento, charlas explicativas, tramitación de seguro de accidentes para os/as participantes non federados/as.
Horario | 4:20 h | Severidad del medio natural | 4 | ||
Desnivel de subida | 200 m | Orientación en el itinerario | 4 | ||
Desnivel de bajada | 650 m | Dificultad en el desplazamiento | 3 | ||
Distancia horizontal | 14,2 km | Cantidad de esfuerzo necesario | 3 | ||
Tipo de recorrido | Travesía | ||||
Condicións de tres estacións, tempos estimados según criterio MIDE, sen paradas. Calculado sobre datos do 2023. |
- Data límite para anotarse á actividade, xoves, 13 de abril ata as 15:00 h.
- Prazas limitadas en atención ás características de grande valor natural do itinerario
Nº PRAZAS
15
CONFIRMADAS
15
- As prazas confirmadas son orientativas.
- A actualización non é automática.
- Consultar dispoñibilidade.
- 689.53.66.01
PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024
AS MONTAÑAS DE TREVINCA
Cima de Galicia
A Veiga – Ourense