2023

OUTONO

Novembro / día 25

“O Nadal en Pena Trevinca”
Montañismo Invernal

O Nadal en Pena Trevinca

Esta clásica ruta de montañismo invernal, moi apropiada para deportistas con experiencia no emprego de raquetas de neve, ademais do uso de crampóns e piolets, estase a converter nunha actividade moi valorada polos amantes da neve e xeo.

Neste caso, a ascensión a Pena Trevinca-Cima de Galicia en condicións invernais, convértese nun referente deportivo dentro do montañismo en Galicia. Desexamos manter o simbolismo do Nadal coa instalación do que denominamos o “Belén da Cima de Galicia”. Este Belén retírase a mediados de xaneiro.

¡¡ As Montañas de Trevinca-A Veiga xa son Paraíso Natural !!
Pola súa fauna e avifauna. Pola súa flora. Pola súa morfoloxía glaciar. Polos seus ríos e vales.
Polos seus bosques e limpos ceos nocturnos.

¡¡ Moi pronto debería de ser !!
¡¡ PARQUE NATURAL !!

Vilanova – Valmeladas – Sestil Alto – Pena Trevinca – Valigota – Lombo do Rocín – Maluro – Vilanova​

DISTANCIA TOTAL: 24.8 km

SÁBADO, 25 
08:30 hSaída dende a aldea de Vilanova de Trevinca pola ruta de Valmeladas e Sestil Alto.
13:00 hInstalación do Belén en Pena Trevinca.
13:30 hSaída. Segundo condicións, regreso polo Crestón do Lombo do Rocín / Maluro.
17:30 hChegada ao pobo de Vilanova de Trevinca.
18:00 hMerenda e clausura da actividade.

O longo do percorrido se darán explicacións sobre seguridade en circunstancias de neve e xeo, así como as actuacións convenientes en situacións de perdas ou mal tempo na montaña invernal. A morfoloxía glaciar das montañas de Trevinca completará as clases teórico-prácticas.

  • O trazado deste percorrido calculado nunhas oito/nove horas segundo as condicións da neve/xeo, está considerado como normal dentro dunhas cotas de altura de 1.220 a 2.127 m. Se precisa ter coñecementos de técnicas invernais ademais dunha boa condición física apropiada para unha ruta invernal.

  • O percorrido comeza na aldea de Vilanova, a uns 1.220 m, con chegada de novo a aldea de Vilanova. A saída se realizará ás 08:30 h. do sábado día 25.

  • A distancia a percorrer dende a saída en Vilanova é duns 24,8 Km. e unhas 8/9 horas como tempo total calculado. Tempos e percorrido poden variar con arranxo á meteoroloxía, terreo nevado e condicións físicas dos participantes.

  • Ao longo do percorrido se realizarán os necesarios descansos.

  • O final do percorrido terá lugar no pobo de Vilanova, onde os participantes poderán recoller os seus vehículos particulares, arredor das 17:30 h.

O equipo e material necesario para esta actividade de medio-alto nivel, tanto físico como técnico, está relacionado coa meteoroloxía propia dun mes de finais de novembro. Ademais do equipo apropiado segundo a climatoloxía, tódolos/as participantes no percorrido deberán levar o calzado idóneo de montañismo invernal / obrigatorio botas de caña alta, raquetas, crampóns e piolet, en caso necesario de condicións de neve dura. Por suposto, auga e comida suficientes para un percorrido dunhas oito/nove horas.

Acompañamento + Raquetas de neve no caso necesario (ata rematar existencias dispoñibles polo club) – Tramitación do seguro de accidentes.

  • É conveniente que os/as participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano en curso, de non ser así, deberán comunicalo no momento da inscrición, para que a organización da actividade tramite o seu seguro de accidentes correspondente.

  • A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que por causas fortuítas poidan ocorrer ós/ás participantes, pero loxicamente, se intentarán prever e se tratará por tódolos medios de evitalos. A inscrición nesta actividade confirmará a aceptación de dito punto

  • Non se permite a participación a persoas maiores de 80 anos, debido a que é a idade máxima que a FGM nos permite tramitar o seguro de accidentes. Así mesmo, polas condicións desta actividade, non se permite a participación a persoas menores de 14 anos.

  • Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do menor, sempre tendo en conta as probables condicións de neve/xeo do percorrido.

  • Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.

  • Ademais do equipo apropiado segundo a climatoloxía, tódolos/as participantes nesta actividade deberán levar o equipo apropiado segundo a climatoloxía, calzado idóneo de montañismo invernal / obligatorio botas de caña alta, raquetas, crampóns e piolet.

  • O tipo de comida para esta actividade é conveniente que sexa de tipo lixeiro, pouco peso e fácil dixestión. Nos percorridos por montaña polas súas características, non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante o percorrido.

  • Debido ao paso por zonas con abundancia de animais salvaxes e outros de pastoreo, non se permite o acompañamento de cans, ou calquera outro animal de compaña.

  • Os/as participantes deberán respectar as instrucións da organización que teñan que ver coa súa seguridade ou a do grupo, de non ser así, poderán ser excluídos da actividade como participantes, baixo a responsabilidade da Dirección da actividade.

  • No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante durante o percorrido.

  • O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.

  • Os/as participantes se comprometen a respectar o entorno e a non deixar ningún tipo de lixo, tamén, a evitar calquera dano a animais e plantas.

Horario7 h 45`Severidad del medio natural4
Desnivel de subida980 mOrientación en el intinerario3
Desnivel de bajada950 mDificultad en el desplazamiento4
Distancia horizontal24,8 kmCantidad de esfuerzo necesario4
Tipo de recorridoTravesía   

Perfil da ruta

Condicións de inverno, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.
Calculado sobre datos de 2023.

Dirección e Guía
Antonio Fenández (Cholo)
Técnico Deportivo: Montañismo-Alpinismo-Escalada en Roca

Colaborador
Juanjo Lorenzo Veigas
Técnico Deportivo N2 – Media Montaña

Colaboradora
Mónica Rodríguez Fernández
Técnica Deportiva N1 en Montaña

Colaborador
Marcos Pérez Rivas
Técnic Deportivo N1 en Montaña

Nº PRAZAS

20

CONFIRMADAS

16

PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024

AS MONTAÑAS DE TREVINCA

Cima de Galicia
A Veiga – Ourense

ORGANIZA

COLABORA

PATROCINA