


2019
PRIMAVERA
Abril / día 27
Ruta do volframio e “fuxidos”

Vilanova – Maluro – Crestón Lombo do Rocín – Foxo do Castaño – Pontón de San Xil – Hermida de San Xil-Casaio. O regreso a A Veiga farase en autobús dende Casaio.
Con esta interesante e clásica “Alta Ruta de Montaña”, preténdese dar a coñecer dous feitos moi enraizados na historia destas montañas, o volframio e os “fuxidos”.
O volframio está incluído dentro das razóns táctico económicas do noso pais dentro dos episodios da Segunda Guerra Mundial. Os “fuxidos” -tamén coñecidos como “maquis”-, despois da nosa Guerra Civil, foron os protagonistas de moitos episodios que inda hoxe están moi presentes na memoria de unha boa parte dos anciáns destas terras.
Socios / as | CON | Licencia federativa | 06 € |
Socios / as | SEN | Licencia federativa | 12 € |
NON Socios / as | CON | Licencia federativa | 15 € |
NON Socios / as | SEN | Licencia federativa | 20 € |
NON Socios / as | SEN | Licencia federativa – menores 16 anos | 08 € |
Juanjo Lorenzo Veigas
Técnico Deportivo N2 – Media Montaña
Antonio Fernández (Cholo)
Técnico Deportivo Alpinismo – Media Montaña – Roca
09:00 h. | Saída dende Vilanova. Casa Turismo Rural. Explicación intinerario. Comprobación equipo persoal. |
12:00 h. – 12:30 h. | Descenso collado Foxo Castaño. |
14:30 h. – 15:00 h. | Pontón de San Xil. |
17:30 h. – 18:00 h. | Casaio. (Traslado en autobús). |
19:30 h. – 20:00 h. | Chegada a Vilanova. |
21:30 h. | Cea final de actividade en A Veiga Precio (12 €) |
- Unha boa parte deste itinerario descorre por lugares de extrema fraxilidade ambiental, con características de grande valor natural, razóns que esixen ao participante un especial coidado e atención, tanto nos aspectos botánicos como faunísticos.
- É conveniente que os participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano 2019, de non ser así deberán comunicalo no momento da inscrición, para que a organización da actividade se faga cargo do seu seguro de accidentes correspondente.
- Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do menor.
- Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.
- Para a asistencia á cea en A Veiga, os/as participantes interesados, deberán comunicalo á organización da marcha no momento da inscrición (Prezo 12 €).
- A comida do mediodía se realizará por conta propia.
- Ademais do equipo apropiado segundo a climatoloxía, tódolos/as participantes no percorrido deberán levar o calzado idóneo para unha marcha por montaña, con botas de caña alta e axeitadas para terreos irregulares e pendentes pronunciadas.
- Non se permite a participación de cans ou calquera outro animal de compañía.
- Non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante o percorrido.
- En todo momento, os/as participantes están suxeitos as normas da organización e dirección dos/as responsables do percorrido.
- No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante durante o percorrido.
- O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.
- Data límite para anotarse á actividade, xoves, 25 de abril ata as 15:00 h.
- Prazas limitadas en atención as características de grande valor natural do intinerario
Nº PRAZAS
20
CONFIRMADAS
20
- As prazas confirmadas son orientativas.
- A actualización non é automática.
- Consultar dispoñibilidade.
- 689.53.66.01
PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024
AS MONTAÑAS DE TREVINCA
Cima de Galicia
A Veiga – Ourense
ORGANIZA

COLABORA

PATROCINA
