2025

PRIMAVERA

Maio / sábado día 24

“As cores de Trevinca – primavera”
Ruta ornitolóxica – Serra Calva

A cores de Trevinca Primavera

A Ponte – Lagoa de Carrizais – Lagoa de Pico Ocelo – Val de Morteiras – A Ponte.

Con esta interesante ruta pola ZEPA Pena Trevinca (Zona de Especial Conservación das Aves) e Serra Calva, queremos dar a coñecer unha zona ornitolóxica de moi grande interese.

Este percorrido ornitolóxico, nos permitirá coñecer unha afección que combina a observación da avifauna co camiñar polas montañas máis altas de Galicia.

09:00 h.Lugar de reunión en A Ponte – Casa da Montaña.
09:00 h. – 09:30 h.Charla, iniciación á ornitoloxía / Prismáticos / Especies a observar.
09:30 h.Comezo do percorrido polos Montes de Xares.
11:30 h.Lagoa de Carrizais. Charla, uso guías ornitolóxicas
13:00 h.Lagoa de Pico Ocelo. Charla, hábitats especies de aves.
13:45 h.Curro da Corraliza.
14:45 h.Val de Morteiras. Comida por conta propia.
17:00 h.A Ponte. Clausura actividade.
  • O percorrido comeza na aldea de A Ponte, a 1.110 m, con regreso á mesma aldea para a recollida dos vehículos. A saída se realizará ás 09:00 h. do sábado día 24.

  • A distancia a percorrer é duns 18,5 Km. e unhas 6/7 horas como tempo total calculado. Tempos e percorrido poden variar con arranxo á meteoroloxía, terreo e condicións físicas dos participantes.

  • Ao longo do percorrido se realizarán os necesarios descansos.

  • O final do percorrido terá lugar na aldea de A Ponte arredor das 17:00 h

O equipo e material necesario para esta actividade de medio nivel físico, está relacionado coa meteoroloxía propia dun mes de finais de maio. Ademais do equipo apropiado segundo a climatoloxía. Tódolos/as participantes no percorrido deberán levar o calzado idóneo de montañismo para un terreo irregular, sendo recomendable pantalón largo pola vexetación primaveral, ademais de auga e comida suficientes para un percorrido dunhas sete horas.

Se recomenda crema solar, gafas de sol, gorra/visera, etc. e unha prenda de roupa seca para cambiarse en caso de choiva.

Acompañamento + Tramitación do seguro de accidentes para os non federados

  • A data límite para anotarse á actividade, xoves, 22 de maio ata as 15:00 horas.
  • Debido a previsión de organización da actividade non se devolverá a contía da inscrición si se fai a anulación da mesma con 10 días ou menos antes da celebración da actividade, a non ser que se suspenda por parte da organización.

  • É conveniente que os participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do presente ano, de non ser así deberán comunicalo no momento da inscrición para que a organización da actividade se faga cargo do seu seguro de accidentes correspondente.

  • A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que por causas fortuítas poidan ocorrer ós/ás participantes, pero lóxicamente, se intentarán prever e se tratará por tódolos medios de evitalos. A inscrición nesta actividade confirmará a aceptación de dito punto

  • Non se permite a participación a persoas maiores de 85 anos, debido a que é a idade máxima que a FGM nos permite tramitar o seguro de accidentes. Así mesmo, polas condicións desta actividade, non se permite a participación a persoas menores de 12 anos.

  • Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do menor, sempre tendo en conta as condicións do percorrido.

  • Para este tipo de actividade ornitolóxica se recomenda traer prismáticos para a observación das aves.

  • Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.

  • O tipo de comida para esta actividade é conveniente que sexa de tipo lixeiro, pouco peso e fácil dixestión, ademais de auga abundante en caso de calor. Nos percorridos por montaña polas súas características non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante o percorrido. Hai posibilidade de comer na feira de gando en Porto.

  • Debido ó paso por zonas con abundancia de animais salvaxes e outros de pastoreo, non se permite o acompañamento de cans, ou calquera outro animal de compaña.

  • Os/as participantes deberán respectar as instrucións da organización que teñan que ver coa súa seguridade ou a do grupo, de non ser así, poderán ser excluídos da actividade, baixo a responsabilidade da Dirección da actividade.

  • A organización poderá variar os horarios e o percorrido por motivos meteorolóxicos ou de conveniencia da actividade.

  • No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante durante o percorrido.

  • O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.

  • Os/as participantes se comprometen a respectar o entorno e a non deixar ningún tipo de lixo, tamén, a evitar calquera dano a animais e plantas.

Horario5 h. 45′Severidad del medio natural2
Desnivel de subida900 m.Orientación en el itinerario3
Desnivel de bajada900 m.Dificultad en el desplazamiento2
Distancia horizontal18,4 km.Cantidad de esfuerzo necesario3
Tipo de recorridoCircular   
Condiciones de 3 estaciones, tiempos estimados según criterio MIDE, sin paradas.
Calculado sobre datos de 2025.

 

Marcos Pérez Rivas
Coñecedor da avifauna Montañas de Trevinca
Dirección da Actividade

Juanjo Lorenzo Veigas
Técnico Deportivo N2 – Media Montaña
Guía da Actividade

Mónica Rodríguez Fernández
Técnico Deportiva N1
Colaboradora

Antonio Fernández (Cholo)
Técnico Deportivo en Alpinismo-Montañismo-Escalada en Roca
Colaborador

Nº PRAZAS

18

CONFIRMADAS

07

PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024

AS MONTAÑAS DE TREVINCA

Cima de Galicia
A Veiga – Ourense

ORGANIZA

COLABORA

PATROCINA