Somos un Clube de Montañismo de recente fundación, creado no ano 2016 co propósito de promocionar os diferentes aspectos deportivos da Montaña, e ademais, protexer o rico patrimonio natural e cultural das Montañas de Trevinca-A Veiga.
Somos un Clube de Montañismo como única modalidade deportiva, con especial atención á formación nas diferentes técnicas deportivas en montaña e alta montaña, concedendo especial importancia ás normas de protección da Natureza e defensa do patrimonio Natural e Cultural de Galicia, e como símbolo, as Montañas de Trevinca-A Veiga.
Somos un Clube de Montañismo con razóns culturais e conservacionistas, e polo tanto, para nos sempre será primeiro a Natureza de Montaña y despois, o deporte do Montañismo.