PENA TREVINCA - CIMA DE GALICIA

As Montañas de Trevinca conforman la cúpula do territorio galego, coa súa cima en Pena Trevinca e os seus 2.127 m de altitude. Tamén, as numerosas lagoas glaciares de todo o macizo ocupan o segundo lugar en importancia na Península Ibérica despois dos Pirineos. O seu amplo territorio en Galicia, as súas alturas, os seus grandes ríos, os seus profundos vales glaciares, o seu patrimonio natural de grande valor en fauna e avifauna, botánico ou xeológico, o convirten sen dúbida algunha no símbolo e referente máis importante das montañas gallegas.

Cun conxunto de serras como as de O Eixe, Calva, Segundeira e Montes de Lardeira, e ademais de facer fronteira con Castela e León, as Montañas de Trevinca moldean o único macizo montañoso de Galicia formado por cumios que superan os 2.000 m de altitude.

Pena Trevinca-Cima de Galicia, cunha altura máxima de 2.127 m.  pertencente ó municipio de A Veiga, é o punto máis alto da Comunidade Galega. Outras montañas importantes son Pena Negra, con 2.121 m, o Pena Surbia con 2.116 m.

Pena Trevinca - Pena Negra

Esta área está incluída na Rede Natura 2.000, é Zona de Especial Conservación (ZEC) e tamén é zona de especial protección para as aves (ZEPA). O territorio protexido abarca un amplo espazo de case 25.000 hectáreas situado nos límites provinciais de Ourense, Zamora e León, onde a maior parte das montañas galegas atópanse no municipio de A Veiga e no veciño de Carballeda de Valdeorras.

Se che gusta a natureza, nas Montañas de Trevinca – A Veiga poderás visitar numerosas lagoas naturais de orixe glaciar, entre elas, a Lagoa de A Serpe e a súa importante lenda da “Doncela Serpe” custodiada polos escarpados montes de O Fial e O Teso, e tamén, a fermosa “Lagoa de Ocelo” os pes do monte do seu mesmo nome (Pico Ocelo).

O longo das ascensións e percorridos, sorprenderanche as magníficas paisaxes e te envolverá agradablemente unha atmósfera de incomparable natureza.  

É importante destacar tamén a variada flora, fauna e avifauna que abundan neste macizo, destacando as plantas carnívoras como a “Orballiña” (Drosera Rotundifolia) o a “Grasilla” (Pinguícula vulgaris) habitando nas numerosas turbeiras. A familia das Gencianas-“Xanzás” está representada pola Genciana amarela ou maior (Gentiana lutea subs. aurantiacum), e a Genciana de turbera (Gentiana pneumonanthe). Tampouco será moi difícil poder observar ó lobo a primeiras horas da mañá, ou ver voar ó aguia real ou algunha das frecuentes especies de aves rapaces que añidan e alimentanse nestas montañas.

Tamén de especial importancia nas Montañas de Trevinca é o Teixadal de Casaio, un bosque formado por un grupo dúns 400 teixos (Taxus baccata), moitos de eles centenarios, e que en unión doutras especies coma o “cancereixo” ou “escanfrés” (Sorbus aucuparia) e o “acivro” (Ilex aquifolium) formando un conxunto arbóreo de grande importancia botánica. Recomendámosche a visita ó Teixadal de Casaio en outono (de setembro a novembro), por mor de ser ésta a estación ideal para apreciar a beleza deste singular bosque. Dende finais de verán a mediados de outono, o teixo madura os seus froitos vermellos case coincidindo cós do aciVvro, que exhibe seus froitos vermellos cara ó final do outono e comezos do inverno. A paisaxe outonal deste bosque é de gótica catedral botánica.

As rutas que percorren as Montañas de Trevinca son múltiples e de diverso contido. Hai para tódolos gustos, dende as rutas invernais de neve e xeo, apropiadas para os coñecedores de técnicas alpinísticas, até as agradables, frondosas e coloridas rutas estivais coñecendo antigos bosques e magnificas lagoas glaciares. As paisaxes cambiantes de longos neveiros e impresionantes paredes norte como as do Pena Negra, dan paso en verán a horizontais praderías con innumerables regatos que terminan en fortes descensos cara os vales glaciares por onde discorren caudalosos ríos coma o Xares, Bibei, Meladas ou Castaño.

Os practicantes do montañismo, xa sexa con moita ou pouca experiencia, con facilidade, podereis atopar nestas montañas os percorridos e ascensións máis apropiadas para vosos gustos e posibilidades. A paisaxe montañosa de Trevinca quedará para sempre gravada nas vosas lembranzas.