SENDEIROS HOMOLOGADOS NAS
Montañas de Trevinca

Estes sendeiros na case a súa totalidade, foron percorridos dende fai moitos anos por camiñantes ata Castela e León, por pastores, por arrieiros e fuxidos.

Hoxe en día fomos recuperando estes camiños para que outras persoas coñezan, aprecien e dean valor a Pena Trevinca-Cima de Galicia e todas as súas montañas de máis de 2000 m, un dos territorios de montaña galegos cun incomparable patrimonio natural.

PRG 198 / Maluro > Pena Trevinca > Variante Valmeladas

Dende o pobo de Vilanova (1216 m), por pista ata Pico Maluro (1933 m) e o paso de Poula de Campo Raso. Por estreito sendeiro se continúa cruzando o crestón do Lombo do Rocín –único crestón de tipo alpino en Galicia-. Dende A Valigota (2009 m), forte descenso o collado do Foxo Castaño e ascenso (deixando á dereita o nacemento do río Xares) e ascenso ata o collado de Pena Trevinca. Corto e forte ascenso ata Pena Trevinca-Cima de Galicia (2127 m). O regreso se segue o mesmo itinerario ata o paso da Poula de Campo Raso, continuando en dirección ESE con forte descenso ata Valmeladas. Por pista forestal, se pasa polas casas das minas de volframio con chegada o pobo de Vilanova. ¡¡ATENCIÓN!! En época invernal o paso do crestón do Lombo do Rocín pode estar en condicións de moito perigo e posible grave accidente. Poden ser necesarios crampóns e piolet. Solicitar información.

.ZIP

PRG 199 / Sextil > Pena Trevinca (ida)

Dende o pobo de A Ponte (1110 m) continuar en dirección O saíndo do pobo polo pontón de Pena Pausa. Por camiño de carro continuar en dirección a o Pontón das Olgas (se aconsella a súa visita). Uns douscentos metros antes do pontón se xira á esquerda ascendendo ata a pista forestal que ven de Vilanova. A uns catrocentos metros, cruzar por pontón de madeira o río Meladas, continuar sempre ascendendo ata o Sextil Alto e a unión co camiño que ven dende o Maluro e Crestón do Lombo do Rocín. Se pasa pola Valigota (2009 m) e se descende ata o collado do Foxo Castaño. Cómodo ascenso (deixando á dereita o nacemento do río Xares) ata o collado de Pena Trevinca. Corto e forte ascenso ata Pena Trevinca-Cima de Galicia (2127 m). En época invernal, con condicións de neve dura/xeo poden ser necesarios os crampóns e piolet. Solicitar información.

.ZIP

PRG 200 / Lagoas glaciares da Serpe e Ocelo

Esta ruta circular de montaña comeza na aldea de A Ponte (1115 m), antiga poboación de orixe alto medieval e tradición gandeira. Un dos seus atractivos principais é a visita á “Casa dos Vaqueiros” cos seus gravados en baixo e alto relevo de posible orixe prerrománico.

As súas lagoas glaciares de Ocelo e da Serpe, esta última coa súa lenda de doncela encantada. Tamén, unha admirable e antiga arquitectura rural de sólidas casas, muíños, fontes e fornos, fan que A Ponte estea considerada como unha aldea de visita obrigada. Se aconsella ademais, a visita ao Centro de Interpretación das Montañas de Trevinca, con ampla  información sobre as montañas e as dúas aldeas.

Dende o Centro de Interpretación das Montañas de Trevinca, se continúa en dirección noreste deixando o río Xares á esquerda. Despois das ultimas casas da aldea, se continúa por camiño de carro deixando a sinal do Pontón de Pena Pausa á esquerda. Aos poucos metros, á dereita, aparece unha estaquilla ou baliza coa indicación de sendeiro de Pequeno Percorrido ao comezo do antigo “Camiño de As Calellas” a Pena Ferro (1449 m). O sendeiro sempre ascendente, termina uníndose á pista cun antigo chouzo de pastoreo ao lado. Seguir pola pista en dirección sureste e despois polo sendeiro que conduce a O Fial (1841 m). Seguindo o trazado do sendeiro en dirección Este se chega ao Balcón da Serpe. Magnífico paisaxe de montaña coa lagoa aos pés. Forte descenso por sendeiro marcado ata a Lagoa da Serpe.

Da Serpe ao Ocelo se continúa pola senda entre brezais con descenso por un antigo camiño ata a Lagoa de Ocelo. Dende Ocelo se segue pola pista ata a cota 1380 m (29   T0673640 / 4678412). Saír do coto pola porta do valado e seguir a senda ata enlazar coa pista forestal que descende en dirección a A Ponte. Se atravesa o regato de O Couto por unha ponte de recente construción. Nunha casa en ruínas próxima se encontra a “Casa dos Vaqueiros”. Final do percorrido no Centro de Interpretación das Montañas de Trevinca. 

.ZIP

PRG 201 / Integral Serra Calva > Pena Trevinca

Esta ruta lineal pola Serra Calva, discorre entre pequenas lagoas estacionarias e lagoas glaciares de recoñecida importancia como son as da Serpe e Ocelo.

É este un percorrido entre o linde provincial de Ourense e Zamora, onde os pastos de altura, os sendeiros de trashumancia e comunicación entre Ourense, Zamora e León, as formacións xeolóxicas coñecidas como “ollo de sapo”, as características ornitolóxicas deste percorrido con numerosas aves de montaña, as paisaxes de profundos Vales glaciares, lagoas e extensas turbeiras de alta montaña, todo elo confire a este percorrido non soamente un valor deportivo pola súa distancia e esforzo, senón ademais e sobre todo, un gran valor medioambiental, cultural e paisaxístico difícil de superar.

Esta ruta lineal comeza a 1520 m de altura na zona coñecida como Portela da Serra Calva ou Lagoas das Tablillas. Situada na estrada local e límite territorial entre os concellos de A Veiga (Ourense) e Porto de Sanabria (Zamora).

Dende o Mirador Estelar e paneis instalados na zona, se continua por sendeiro  atravesando “Malladas” e “Lagoallos” (lagoas estacionais). Dende a Lagoa de A Cerva, a vista sobre o Val Glaciar do Canda é magnifica. O camiño atravesa A Porpasa ou antigo paso de segadores e buhoneros cara a Porto de Sanabria (Zamora). Despois de deixar atrás  os “Lagoallos de Pichos” e nacemento do Río Canda, se remonta cara ao Sestil da Calva e a súa pequena lagoa estacional. Se continúa pola pista forestal pola zona alta ata descender á lagoa glaciar de Carrizais e de aquí á coñecida Lagoa de Ocelo.

Pola senda se chega á famosa lagoa glaciar da Serpe coa súa lenda de doncela encantada convertida en serpe, “condenada a vivir para sempre na lagoa”. A seguinte e última etapa do camiño atravesa por zonas e pequenos vales de pastos de altura. Próximo ás ruínas duns antigos chouzos nos prados do Xancianal, o Río Xares se despeña con forza pola “Puleira do Escavadoiro” cara ao fondo do Val glaciar no Escambrón.

Se segue o curso do Río Xares ata o collado do Foxo Castaño uníndose ás rutas PR-G 198 e 199. A senda continúa coa suave pendente ata o collado de Pena Trevinca, deixando atrás e á dereita o lugar onde nace o río Xares a 2040 m de altura. Dende o collado e con forte pendente, se alcanza a cume de Pena Trevinca – Cima de Galicia (2127 m).   

.ZIP

RUTA / Senda Verde do Xares

Descrición en próximos días

.ZIP