2026

PRIMAVERA

Xuño / sábado día 27

“Día da Montaña Galega”
XXIV Aniversario “Unha aperta a Trevinca”

Vilanova – Pico do Maluro – Lombo do Rocín – A Valigota – Pena Trevinca – Sestil Alto – Vilanova. (24,8 Km)

Para que as diferentes admninistracións locais, provinciais e autonómicas, recoñezan a grandeza e a moi valorada importancia das Montañas de Trevinca – A Veiga, e rematen xa có humillante estado de abandono do noso máis prezado Patrimonio Natural Galego.

– PORQUÉ ABONDAN AS RAZÓNS !!
– PORQUÉ É DE XUSTIZA !!
– PORQUÉ NON HAI ESCUSAS POSIBLES NIN ENTENDIBLES !!
– PORQUÉ É UN DEREITO POR TODOS RECOÑECIDO !!

Montañas de Trevinca-A Veiga
¡¡ PARQUE NATURAL !!
Con razóns – Porqué é xusto – Sen escusas – Por dereito

¡¡ As Montañas de Trevinca-A Veiga xa son Paraiso Natural !!

Pola súa fauna e avifauna. Pola súa flora. Pola súa morfoloxía glaciar. Polos seus ríos e vales.
Polos seus bosques e limpos ceos nocturnos.

¡¡ Moi pronto debería de ser !!
¡¡ PARQUE NATURAL !!

09:00 h Lugar de reunión en Vilanova (Comezo das Rutas de Montaña)
13:00 h – 13:30 h Chegada a Pena Trevinca.
14:00 h Saída de Pena Trevinca.
18:00 h Chegada Vilanova e clausura da actividade.
  • A data límite para anotarse á actividade, xoves, 25 de xuño até ás 15:00 horas.

  • É conveniente que os participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano en curso, de non ser así deberán indicalo na ficha de inscrición, para que a organización da actividade o tramite e se faga cargo do seu seguro de accidente.

  • Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do menor.

  • Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.

  • A comida do mediodía se realizará por conta propia.

  • Ademais do equipo apropiado segundo a climatoloxía, tódolos/as participantes no percorrido deberán levar o calzado idóneo para unha marcha por montaña, imprescindible, as botas de caña alta.

  • Non se permite a participación de cans ou calquera outro animal de compañía.

  • Non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante o percorrido.

  • En todo momento, os/as participantes están suxeitos as normas da organización e dirección dos/as responsables do percorrido.

  • No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante durante o percorrido.

  • O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.

Equipo: Vestimenta axeitada ás condicións meteorolóxicas dunha época estival con previsión de calor. Se recomenda camisa ou camiseta de manga larga e pantalón largo. Imprescindible botas de caña alta. Roupa de abrigo para as paradas. Gorra ou visera e lentes para protección solar. Crema de protección con factor non inferior a 50.

Material Técnico: Bastóns.  Mochila.

Completar: Comida de día – Auga (non menos de 1.5 l).

Acompañamento, charlas explicativas e tramitación de seguro de accidentes para os/as participantes non federados/as.

Antonio Fernández (Cholo)
Técnico Deportivo N2 Escalada-Roca-Montañismo
Dirección da Actividade

Juanjo Lorenzo Veigas
Técnico Deportivo N2 – Media Montaña
Guía da Actividade

Mónica Rodríguez Fernández
Técnica Deportiva N1
Colaboradora

Marcos Pérez Rivas
Técnico Deportivo N1
Colaborador

Horario8:30 hSeveridad del medio natural2
Desnivel de subida1303 mOrientación en el intinerario2
Desnivel de bajada1398 mDificultad en el desplazamiento3
Distancia horizontal24,8 kmCantidad de esfuerzo necesario4
Tipo de recorridoTravesía   
Condiciones de verano, tiempos estimados según criterio MIDE, sin paradas.
Calculado sobre datos de 2026.

Perfil web Trevinca

Nº PRAZAS

25

CONFIRMADAS

13

AS MONTAÑAS DE TREVINCA

Cima de Galicia
A Veiga – Ourense

ORGANIZA

COLABORA