2024
PRIMAVERA
Xuño / día sábado e domingo 15 e 16
“Día da Montaña Galega”
XXII Aniversario “Unha aperta a Trevinca”
Vilanova – Pico do Maluro – Lombo do Rocín – A Valigota – Pena Trevinca – Sestil Alto – Vilanova. (24,8 Km)
– Para que as diferentes administracións valoren as nosas Montañas con agarimo e razóns medioambientais.
– Para que todas as persoas coñezan e podan admirar a beleza das nosas Montañas.
– Para que os deportistas e camiñantes en busca de emocións, aventura ou coñecementos, sintan o debido respecto e coiden as Montañas como se da súa casa se tratase.
– Para que os clubs, asociacións e federacións de montañismo sexan os gardiáns protectores e defensores dos valores culturais, medioambientais e deportivos, que sempre deben de ser as razóns prioritarias do Montañismo, que foi, é e será, “Máis que un Deporte”.
– Que Pena Trevinca-Cima de Galicia e todas as Montañas Galegas estean para sempre protexidas de calquera actividade realizada polo ser humano que provoque ou sexa causa da destrución dos hábitats naturais de aves, animais ou prantas.
– A Montaña é aire limpo!! A Montaña é auga limpa!! A Montaña é beleza!! A Montaña é tranquilidade!! A Montaña é sanadora!! A Montaña é conversa interior!! A Montaña é a nosa boa amiga!! A Montaña é vida!!
SE COIDAMOS E PROTEXEMOS A MONTAÑA/NATUREZA, ELA TAMÉN NOS COIDARÁ E PROTEXERÁ A NÓS!!
¡¡ As Montañas de Trevinca-A Veiga xa son Paraiso Natural !!
Pola súa fauna e avifauna. Pola súa flora. Pola súa morfoloxía glaciar. Polos seus ríos e vales.
Polos seus bosques e limpos ceos nocturnos.
¡¡ Moi pronto debería de ser !!
¡¡ PARQUE NATURAL !!
Antonio Fernández (Cholo)
Técnico Deportivo N2 Escalada-Roca-Montañismo
Dirección da Actividade
Juanjo Lorenzo Veigas
Técnico Deportivo N2 – Media Montaña
Guía da Actividade
Mónica Rodríguez Fernández
Técnica Deportiva N1
Colaboradora
Marcos Pérez Rivas
Técnico Deportivo N1
Colaborador
A data límite para anotarse á actividade, xoves, 13 de xuño ata ás 15:00 horas.
É conveniente que os participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano en curso, de non ser así deberán indicalo na ficha de inscrición, para que a organización da actividade o tramite e se faga cargo do seu seguro de accidente.
Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do menor.
Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.
A comida do mediodía se realizará por conta propia.
Ademais do equipo apropiado segundo a climatoloxía, tódolos/as participantes no percorrido deberán levar o calzado idóneo para unha marcha por montaña, imprescindible, as botas de caña alta.
Non se permite a participación de cans ou calquera outro animal de compañía.
Non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante o percorrido.
En todo momento, os/as participantes están suxeitos as normas da organización e dirección dos/as responsables do percorrido.
No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante durante o percorrido.
O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.
Equipo: Vestimenta axeitada ás condicións meteorolóxicas dunha época estival con previsión de calor. Se recomenda camisa ou camiseta de manga larga e pantalón largo. Imprescindible botas de caña alta. Roupa de abrigo para as paradas. Gorra ou visera e lentes para protección solar. Crema de protección con factor non inferior a 50.
Material Técnico: Bastóns. Mochila.
Completar: Comida de día – Auga (non menos de 1.5 l).
Para as dúas xornadas: Charlas – Xantares – Pinchos – Visita guiada ao Centro Astronómico de Trevinca (A Veiga) – Seguro para o percorrido e acto en Pena Trevinca
Horario | 8:30 h | Severidad del medio natural | 2 | ||
Desnivel de subida | 1303 m | Orientación en el intinerario | 2 | ||
Desnivel de bajada | 1398 m | Dificultad en el desplazamiento | 3 | ||
Distancia horizontal | 24,8 km | Cantidad de esfuerzo necesario | 4 | ||
Tipo de recorrido | Travesía | ||||
Condiciones de verano, tiempos estimados según criterio MIDE, sin paradas. Calculado sobre datos de 2023. |
- Data límite para anotarse á actividade do Domingo, xoves, de 13 xuño ata as 15:00 h.
- Prazas limitadas en atención ás características de grande valor natural do intinerario
Nº PRAZAS
40
CONFIRMADAS
20
- As prazas confirmadas son orientativas.
- A actualización non é automática.
- Consultar dispoñibilidade.
- 689.53.66.01
PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024
AS MONTAÑAS DE TREVINCA
Cima de Galicia
A Veiga – Ourense