


2021
VERÁN
Septembro / 18
“Xornadas Técnicas de Montaña”
Orientación en Montaña e GPS

Esta actividade deportiva e formativa, pretende anticiparse aos posibles problemas derivados da perdas en montaña. Os percorridos por montaña poden transcorrer por lugares onde seguir a traxectoria deseñada pode ter unha gran dificultade, ademais, tanto a noite como os repentinos cambios nas condicións meteorolóxicas como a néboa poden ser os causantes dunha das perdas con graves consecuencias. Os coñecementos de cartografía e o orientación como o compás ou o GPS, nos permitirán saír e completar os nosos percorridos con eficacia e seguridade.
¡¡ Las Montañas de Trevinca-A Veiga ya son Paraíso Natural !!
Por su fauna y avifauna. Por su flora. Por su morfología glaciar. Por sus ríos y valles.
Por sus bosques y limpios cielos nocturnos.
¡¡ Muy pronto debería de ser !!
¡¡ PARQUE NATURAL !!
Vilanova – A Ponte – Edreira – Minas de volframio de Vilanova – Carboeiro
SÁBADO, 18 | |
09:00 h | Recepción de participantes. Historia da cartografía. |
09:15 h | Charla: Interpretación dos mapas topográficos e orientación con mapa. Preparación dun percorrido de curta distancia. Orientación con mapa e compas. |
11:00 h | Café |
11:30 h | Saída de prácticas: Percorrido con mapa e compás. |
14:00 h | Descanso para comer. |
15:30 h | Charla: O GPS. Recepción de satélites – Páxinas principais – Configuración – O GPS e o PC. |
20:30 h | Descanso para cear. |
22:30 h | Percorrido nocturno con GPS. |
24:00 h | Final da xornada. |
É conveniente que os/as participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano 2021, de non ser así, deberán comunicalo no momento da inscrición, para que a organización da actividade se faga cargo do seu seguro de accidentes correspondente.
A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que por causas fortuítas poidan ocorrer ós/ás participantes, pero loxicamente, se intentarán prever e se tratará por tódolos medios de evitalos. A inscrición nesta actividade confirmará a aceptación de dito punto
Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do/a menor.
Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.
Ademais do equipo apropiado segundo a climatoloxía, tódolos/as participantes no percorrido deberán levar o calzado adecuado para unha marcha por montaña. É conveniente levar algunha prenda de abrigo para os descansos.
Non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante a actividade.
Non se permite o acompañamento de cans, ou calquera outro animal de compaña.
En todo momento os/as participantes, están suxeitos ás normas da organización e dirección dos/as responsables da xornada de orientación.
No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante durante o percorrido.
Os/as participantes se comprometen a respectar o entorno e a non deixar ningún tipo de lixo, tamén, a evitar calquera dano a animais e plantas.
A data límite para anotarse á actividade é o xoves 16 de setembro, ata as 15:00 h.
É conveniente que os participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano 2021, de non ser así, deberán indicalo na inscrición para que a organización da actividade se faga cargo do seu seguro de accidentes correspondente.
Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia nos seus vehículos particulares.
Tódalas comidas se realizarán por conta propia, salvo o café da media mañá.
O lixo ou restos de calquera tipo de residuos xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.
Clases práctico teóricas – Material de oritentación (GPS, compases, mapas, etc.) – Café descanso
- Data límite para anotarse á actividade, xoves, 16 de septembro ata as 15:00 h.
Nº PRAZAS
08
- Grupo máximo 8 persoas. Grupo mínimo para realizar a actividade 4 persoas.
CONFIRMADAS
03
- As prazas confirmadas son orientativas.
- A actualización non é automática.
- Antes de inscribirse consultar disponibilidade de praza.
- 689.53.66.01
PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024
AS MONTAÑAS DE TREVINCA
Cima de Galicia
A Veiga – Ourense
ORGANIZA

COLABORA

PATROCINA
