


2022
PRIMAVERA
Maio / sábado día 7
Entre Vales – O Teixadal (Vales Glaciares de Trevinca)

Vilanova de Trevinca – Pico Maluro (1933 m) – Pena Negra (2124 m) – Ladeira da Medias (2042 m) – O Teixadal (1400 m) – A Cabrita (1698 m)
Dar a coñecer parte dos vales glaciares máis importantes das Montañas de Trevinca, o crestón tipo “alpino” do Lombo do Roncín, crestón do Pena Negra e a cota onde se xuntan as tres provincias, Zamora, León e Ourense. O descenso dende Ladeira da Medias descorre polo val colgante onde nace o regato San Xil, e continúa ata a parte máis alta do Teixadal seguindo ata A Cabrita e final do percorrido.
¡¡ As Montañas de Trevinca-A Veiga xa son Paraiso Natural !!
Pola súa fauna e avifauna. Pola súa flora. Pola súa morfoloxía glaciar. Polos seus ríos e vales.
Polos seus bosques e limpos ceos nocturnos.
¡¡ Moi pronto debería de ser !!
¡¡ PARQUE NATURAL !!
Juanjo Lorenzo Veigas
Técnico Deportivo N2 – Media Montaña
Guía da Actividade
Mónica Rodríguez Fernández
Técnico Deportiva N1
Colaboradora
Marcos Pérez Rivas
Técnico Deportivo N1
Colaborador
Antonio Fernández (Cholo)
Técnico Deportivo N2 Escalada-Roca-Montañismo
Colaborador
08:30 h | Recepción participantes. Explicacións sobre percorrido. |
09:00 h | Inicio do percorrido (Vilanova de Trevinca). |
13:00 h – 13:10 h | Pena Negra. |
14:40 h – 15:45 h | Entrada superior ao Teixadal (Comida). |
17:30 h – 17:35 h | A Cabrita |
18:00 h | Final do percorrido na parte baixa de A Cabrita (pista a Fonte da Cova – Autobús). |
20:00 h | Chegada á aldea de Vilanova de Trevinca. Comentarios da actividade. Merenda (opcional) e clausura. |
DURANTE A VIAXE EN AUTOBÚS DE VOLTA A VILANOVA, O USO DA MÁSCARILLA SANITARIA É OBRIGATORIA.
A data límite para anotarse á actividade, xoves, 5 de maio ata ás 15:00 horas.
É conveniente que os participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano 2022, de non ser así deberán indicalo na fihca de inscrición, para que a organización da actividade o tramite e se faga cargo do seu seguro de accidente.
Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do menor.
Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.
A comida do mediodía se realizará por conta propia.
Ademais do equipo apropiado segundo a climatoloxía, tódolos/as participantes no percorrido deberán levar o calzado idóneo para unha marcha por montaña, imprescindibles, as botas de caña alta.
Non se permite a participación de cans ou calquera outro animal de compañía.
Non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante o percorrido.
En todo momento, os/as participantes están suxeitos as normas da organización e dirección dos/as responsables do percorrido.
No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante durante o percorrido.
O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.
A merenda é opcional e ten un custe adicional a pagar no establecemento de 10 €.
PRAZAS LIMITADAS: 29 prazas (25 participantes e 4 organización).
CUSTE DA ACTIVIDADE:
Socios/as con licenza federativa – 23 €.
Socios/as sen licenza federativa – 29 €.
Asociarse 1 anualidade – 15 €.
Equipo: Vestimenta axeitada ás condicións meteorolóxicas dunha época primaveral con posibles cambios de temperatura. Se recomenda camisa ou camiseta de manga larga e pantalón largo. Botas de caña alta. Roupa de abrigo para as paradas. Gorra ou visera e lentes para protección solar. Crema de protección con factor no inferior a 50. Mascarilla sanitaria para o autobús.
Material Técnico: Bastóns. Mochila.
Completar: Comida de día – Auga (non menos de 1.5 l).
Acompañamento, charlas explicativas, autobús de regreso a Vilanova (desde A Cabrita), tramitación de seguro de accidentes para os/as participantes non federados/as.
![]() | |||||
![]() | Horario | 8:35 h | ![]() | Severidad del medio natural | 4 |
![]() | Desnivel de subida | 2150 m | ![]() | Orientación en el itinerario | 4 |
![]() | Desnivel de bajada | 810 m | ![]() | Dificultad en el desplazamiento | 4 |
![]() | Distancia horizontal | 23,0 km | ![]() | Cantidad de esfuerzo necesario | 4 |
![]() | Tipo de recorrido | Travesía | |||
Condicións de verano, tempos estimados según criterio MIDE, sen paradas. Calculado sobre datos do 2022. |
- Data límite para anotarse á actividade, xoves, 5 de maio ata as 15:00 h.
- Prazas limitadas en atención ás características de grande valor natural do itinerario
Nº PRAZAS
15
CONFIRMADAS
14
- As prazas confirmadas son orientativas.
- A actualización non é automática.
- Consultar dispoñibilidade.
- 689.53.66.01
PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024
AS MONTAÑAS DE TREVINCA
Cima de Galicia
A Veiga – Ourense
ORGANIZA

COLABORA

PATROCINA
