2023

PRIMAVERA

Maio / sábado día 20

Entre Vales – Foxo Castaño (Vales Glaciares de Trevinca)

Ladeira da Medias

Vilanova de Trevinca – Pico Maluro (1933 m) – Crestón do Lombo do Rocín – Golada da Valigota – Foxo Castaño – Pontón de San Xil – Pedra Fincada – Casaio

Percorrido esixente por distancia e desnivel acumulado. Sendas de montaña con fortes desniveis.

Dar a coñecer parte dos vales glaciares máis importantes das Montañas de Trevinca, o crestón tipo “alpino” do Lombo do Roncín, incomparable val glaciar do Foxo Castaño. Historia e restos das antigas explotacións de Volframio dos anos 40. O percorrido pasa perto da antiga e coñecida hermida de San Xil de Casaio rematando na aldea de Casaio.

¡¡ As Montañas de Trevinca-A Veiga xa son Paraiso Natural !!
Pola súa fauna e avifauna. Pola súa flora. Pola súa morfoloxía glaciar. Polos seus ríos e vales.
Polos seus bosques e limpos ceos nocturnos.

¡¡ Moi pronto debería de ser !!
¡¡ PARQUE NATURAL !!

Juanjo Lorenzo Veigas
Técnico Deportivo N2 – Media Montaña
Guía da Actividade

Mónica Rodríguez Fernández
Técnico Deportiva N1
Colaboradora

Antonio Fernández (Cholo)
Técnico Deportivo N2 Escalada-Roca-Montañismo
Colaborador

08:30 hRecepción participantes e comezo do percorrido.
12:30 hGolada da Valigota.
14:30 hPontón de San Xil.
16:00 hPedra Fincada.
18:00 hCasaio (Final do percorrido).
18:30 hAutobús ata Vilanova (Recollida dos vehículos).
20:15 hChegada á aldea de Vilanova de Trevinca. Clausura da actividade.
  • DURANTE A VIAXE EN AUTOBÚS DE VOLTA A VILANOVA, O USO DA MÁSCARILLA SANITARIA É OBRIGATORIA.

  • A data límite para anotarse á actividade, xoves, 18 de maio ata ás 15:00 horas.

  • É conveniente que os participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano en curso, de non ser así deberán indicalo na ficha de inscrición, para que a organización da actividade o tramite e se faga cargo do seu seguro de accidente.

  • Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do menor.

  • Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.

  • A comida do mediodía se realizará por conta propia.

  • Ademais do equipo apropiado segundo a climatoloxía, tódolos/as participantes no percorrido deberán levar o calzado idóneo para unha marcha por montaña, imprescindibles, as botas de caña alta.

  • Non se permite a participación de cans ou calquera outro animal de compañía.

  • Non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante o percorrido.

  • En todo momento, os/as participantes están suxeitos as normas da organización e dirección dos/as responsables do percorrido.

  • No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante durante o percorrido.

  • O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.

  • A merenda é opcional e ten un custe adicional a pagar no establecemento de 10 €.

  • PRAZAS LIMITADAS: 15 prazas (15 participantes e 3 organización).

  • CUSTE DA ACTIVIDADE:

    Socios/as con licenza federativa – 20 €.

    Socios/as sen licenza federativa – 27 €.

    Asociarse 1 anualidade – 15 €.

Equipo: Vestimenta axeitada ás condicións meteorolóxicas dunha época primaveral con posibles cambios de temperatura. Se recomenda camisa ou camiseta de manga larga e pantalón largo. Botas de caña alta. Roupa de abrigo para as paradas. Gorra ou visera e lentes para protección solar. Crema de protección con factor no inferior a 50. Mascarilla sanitaria para o autobús.

Material Técnico: Bastóns.  Mochila.

Completar: Comida de día – Auga (non menos de 1.5 l).

Acompañamento, charlas explicativas, autobús de regreso a Vilanova (desde Casaio), tramitación de seguro de accidentes para os/as participantes non federados/as.

Horario8:30 hSeveridad del medio natural3
Desnivel de subida1091 mOrientación en el itinerario3
Desnivel de bajada1357 mDificultad en el desplazamiento3
Distancia horizontal26,0 kmCantidad de esfuerzo necesario4
Tipo de recorridoTravesía   

Condicións de verano, tempos estimados según criterio MIDE.
Calculado sobre datos do 2023.

 

 

Nº PRAZAS

15

CONFIRMADAS

10

PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024

AS MONTAÑAS DE TREVINCA

Cima de Galicia
A Veiga – Ourense

ORGANIZA

COLABORA

PATROCINA