Conto de Martiño e o lobo de Pena Trevinca
Martiño e o lobo de Pena Trevinca

Conto de Martiño e o lobo de Pena Trevinca

Autor: Antonio Fernández Pena (Cholo)
Ilustracións: Eduardo Martín Pita
Descárgalo: (aquí en PDF)

“Martiño e o lobo de Pena Trevinca” é unha viaxe a través da Rede Natura 2000. Tódolos contos transmiten valores, e este non a ser menos:

O valor de respectar a natureza.
O valor de amala, porque ela nos da vida.
O valor de entendela, porque dela nos mantemos.
O valor de gozala, porque ela nos acolle.

A beleza da natureza está en poder imaxinala. Si les este conto vai imaxinando cada personaxe, cada paisaxe, cada cor, cada olor, vaino creando todo, deixándote levar pola fantasía.

Este libro é un agasallo do Concello de A Veiga e vai dirixido a tódolos meniños de A Veiga que aínda non coñecen Pena Trevinca para que cando medren recoñezan picos e pendos, ríos e regatos, árbores, flores e tódolos animais da serra e así poidan transmitir as xeracións vindeiras a importancia de conservar a natureza.

Tamén a tódolos nenos que queiran coñecer e conservar Pena Trevinca.

Close Menu