Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria 2023
Estimada/o asociada/o.
Pola presente, e coa potestade que me outorgan os estatutos no seu artigo 17º, eu D. Antonio Fernández Pena, Presidente do Club de Montañismo “Montañas de Trevinca”, lle comunico a convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria de dita asociación deportiva.
Esta asemblea terá lugar en Vilanova de Trevinca, A Veiga (Casa Rural “O Trisquel”) o vindeiro domingo, 12 de febreiro as 19:30 horas en primeira convocatoria, e media hora despois en segunda e última convocatoria as 20:00 horas, quedando nesta validada para celebrarse a asemblea, sexa cal sexa o número de asistentes.
Puntos do día:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
- Aprobación se procede da memoria e balance económico do exercicio do pasado ano 2022.
- Aprobación, se procede, do orzamento do presente ano 2023.
- Memoria das actividades do pasado ano 2022.
- Programa de actividades do ano en curso.
- Comunicación do listado de socios/as, altas e baixas.
- Rogos e preguntas.
En Vilanova de Trevinca, a 23 de xaneiro do 2023
Asdo.: Antonio Fernández Pena (Cholo)