2020

INVERNO

Marzo / 21 e 22

“Xornadas Técnicas de Montaña”
Montañismo Invernal – nivel I

Monañismo Invernal

Despois de haber recibido a comunicación da Federación Galega de Montañismo e Xunta de Galicia, indicando a conveniencia de suspender tódalas actividades deportivas, cremos acertada dita recomendación e polo conseguinte, optamos por suspender ou aprazar as nosas actividades dos meses de marzo e abril na espera de que podamos reanudalas canto antes segundo as indicacións da Xunta de Galicia.

Lamentamos esta suspensión das nosas actividades de montañismo na firme crenza de estar colaborando para que este problema sanitario quede erradicado o antes posible.

Este Curso está pensado para iniciar ou aumentar os niveis técnicos dos afeccionados ó deporte do montañismo. Neste caso, como progresar, ascender e descender pola montaña nevada con características de neve dura ou xeada, empregando as oportunas técnicas de manexo dos crampóns e piolet, tamén, saber deterse no caso dunha caída por unha pendente de neve, ademais, coñecer as técnicas de seguridade en cordada e os diferentes estados da neve e xeo que nos permitan movernos con rapidez e seguridade.

¡¡ As Montañas de Trevinca-A Veiga xa son Paraíso Natural !!
Pola súa fauna e avifauna. Pola súa flora. Pola súa morfoloxía glaciar. Polos seus ríos e vales.
Polos seus bosques e limpios ceos nocturnos.

¡¡ Moi pronto debería de ser !!

¡¡ PARQUE NATURAL !!

Zona: Escola de prácticas de neve/xeo do Pico Maluro (1933 m)

 
SÁBADO, 21
 
08:00 hSaída dende o pobo de Vilanova de Trevinca a zona de prácticas.
10:30 hPrácticas (Análise da neve en pendentes – Técnicas de progresión sen e con crampóns).
14:00 hComida na montaña.
14:30 hContinuación das prácticas (Progresión sobre a neve con piolet – Prácticas de autodetención, sen piolet e con piolet).
17:00 hRegreso a Vilanova e descanso.
19:30 hClases teóricas (Encordamento: Nós e metodoloxía. Corda curta).
DOMINGO, 22
 
08:00 hSaída dende o pobo de Vilanova de Trevinca a zona de prácticas.
10:30 hZona de prácticas (Repaso das técnicas do día anterior – Encordamentos – Desprazamentos encordados en corda curta).
14:00 hComida na montaña.
14:30 hContinuación das prácticas (Aseguramento dinámico – Progresión en pendentes máis inclinadas).
16:30 hRegreso a Vilanova e descanso.
18:00 hAclaracións dos temas tratados. Clausura do Curso.
NOTAOs horarios poden ser modificados co obxecto de conseguir os fins previstos no Curso.

Roupa de inverno: Vestimenta axeitada ás condicións meteorolóxicas e práctica do alpinismo. Botas ríxidas ou semiríxidas apropiadas para neve. Roupa de abrigo. Anorak. Gorro. Lentes de protección solar. Dous pares de luvas. Bufanda tubular. Polainas para neve. Roupa de reposto.

Material Técnico: Arnés. 2 Mosquetóns HMS. 2 Mosquetóns de seguridade. Piolet. Crampóns. Mochila de 45 litros.

Completar: Bastóns para camiñar. Cantimplora. Lanterna frontal.

  • A data límite para anotarse á actividade, xoves, 19 de marzo ata ás 21:00 horas.

  • É conveniente que os/as participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano 2020, de non ser así, deberán comunicalo no momento da inscrición para que a organización da actividade se faga cargo do seu seguro de accidentes correspondente.

  • A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que por causas fortuítas poidan ocorrer ós/ás participantes, pero loxicamente, se intentarán prever e se tratará por tódolos medios de evitalos. A inscrición nesta actividade confirmará a aceptación de dito punto

  • Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do/a menor, sempre tendo en conta as probables condicións de neve/xeo da actividade. Non se permite a inscrición nesta actividade a menores de 16 anos.

  • Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.

  • A comida do mediodía se realizará por conta propia. O tipo de comida para esta actividade é conveniente que sexa de tipo lixeiro, algún dos produtos aconsellables poderían ser: froitas secas (pasas, figos, cirolas, dátiles, etc.), barriñas de cereais, chocolate, algunha froita e auga suficiente. Nas actividades formativas e/ou percorridos por montaña, non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante os horarios da actividade.

  • Ademais do equipo apropiado segundo a meteoroloxía, tódolos/as participantes na actividade, deberán levar o calzado idóneo para a práctica de montañismo invernal, sendo obrigatorio a bota de caña alta ríxida ou semirríxida, ademais, crampóns e piolet coa homologación correspondente.

  • Debido as características naturais e abundancia de animais salvaxes e outros de pastoreo, non se permite o acompañamento de cans, ou calquera outro animal de compaña.

  • Os/as participantes deberán respectar as instrucións da organización que teñan que ver coa súa seguridade persoal ou do grupo, de non ser así, poderán ser excluídos da actividade como participantes, baixo a responsabilidade da Dirección da actividade

  • No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante, ou compricar o desenrolo da actividade.

  • O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante a actividade, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.

  • Os/as participantes se comprometen a respectar o entorno e a non deixar ningún tipo de lixo, tamén, a evitar calquera dano a animais e plantas.

Clases prácticas e teóricas + Seguro de accidentes para os socios/as non federados/as.

Dirección
Jose Manuel Pérez Prego
Técnico Deportivo Superior e Guía de Alta Montaña, UIAGM

  • Data límite para anotarse á actividade, xoves, 19 de marzo ata as 21:00 h.

Nº PRAZAS

0

CONFIRMADAS

0

  • As prazas confirmadas son orientativas.
  • A actualización non é automática.
  • Antes de inscribirse consultar disponibilidade de praza.
  •   689.53.66.01

PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024

AS MONTAÑAS DE TREVINCA

Cima de Galicia
A Veiga – Ourense

ORGANIZA

COLABORA

PATROCINA