2024
PRIMAVERA
Abril / día 27
Ruta do volframio e “fuxidos”
Con esta interesante e clásica “Alta Ruta de Montaña”, preténdese dar a coñecer dous feitos moi enraizados na historia destas montañas, o volframio e os “fuxidos”.
O volframio está incluido dentro das razóns táctico económicas do noso país dentro dos episodios da Segunda Guerra Mundial. Os “fuxidos” -tamén coñecidos como
“maquis”-, despois da nosa Guerra Civil, foron os protagonistas de moitos episodios que inda hoxe están moi presentes na memoria dunha boa parte dos ancianos.
Vilanova – Maluro – Crestón Lombo do Rocín – Pontón de San Xil – Paso do Seixo – Minas de Valborraz – Ermida de San Xil Novo. El regreso a A Veiga farase en autobús dende la Ermida.
09:00 h. | Saída dende Vilanova. Casa Turismo Rural. Explicación itinerario. Comprobación equipo persoal. |
11:15 h. – 11:30 h. | Camporraso |
13:30 h. – 14:00 h. | Pontón de San Xil. |
17:30 h. – 18:00 h. | Ermida de San Xil Novo. (Traslado en autobús). |
19:30 h. – 20:00 h. | Chegada a Vilanova. |
-
O percorrido comeza na aldea de Vilanova, a 1.220 m, con chegada de novo a Vilanova. A saída se realizará ás 09:00 h. do sábado día 27.
-
A distancia a percorrer dende a saída en Vilanova é duns 25,2 Km. e unhas 8/9 horas como tempo total calculado. Tempos e percorrido poden variar con arranxo á meteoroloxía, terreo e condicións físicas dos participantes.
-
Ao longo do percorrido se realizarán os necesarios descansos.
-
O final do percorrido terá lugar no pobo de Vilanova, onde os participantes poderán recoller os seus vehículos particulares, arredor das 18:00 h
Acompañamento + Tramitación do seguro de accidentes – Autobús de regreso a Vilanova
-
Debido a previsión de organización da actividade non se devolverá a contía da inscrición si se fai a anulación da mesma con 10 días ou menos antes da celebración da actividade, a non ser que se suspenda por parte da organización.
-
É conveniente que os/as participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano en curso, de non ser así, deberán comunicalo no momento da inscrición para que a organización da actividade tramite o seu seguro de accidentes correspondente.
-
A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que por causas fortuítas poidan ocorrer ós/ás participantes, pero loxicamente, se intentarán prever e se tratará por tódolos medios de evitalos. A inscrición nesta actividade confirmará a aceptación de dito punto
-
Non se permite a participación a persoas maiores de 80 anos, debido a que é a idade máxima que a FGM nos permite tramitar o seguro de accidentes. Así mesmo, polas condicións desta actividade, non se permite a participación a persoas menores de 14 anos.
-
Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do menor, sempre tendo en conta as condicións do percorrido.
-
Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.
-
Ademais do equipo apropiado segundo a meteoroloxía, tódolos/as participantes nesta actividade deberán levar o equipo apropiado segundo a meteoroloxía, calzado idóneo de montañismo en terreo irregular. Se recomenda pantalón largo debido a alta vexetación primaveral.
-
O tipo de comida para esta actividade é conveniente que sexa de tipo lixeiro, pouco peso e fácil dixestión, ademais de auga abundante en caso de calor. Nos percorridos por montaña polas súas características, non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante o percorrido.
-
Debido ó paso por zonas con abundancia de animais salvaxes e outros de pastoreo, non se permite o acompañamento de cans, ou calquera outro animal de compaña.
-
Os/as participantes deberán respectar as instrucións da organización que teñan que ver coa súa seguridade ou a do grupo, de non ser así, poderán ser excluídos da actividade como participantes, baixo a responsabilidade da Dirección da actividade.
-
No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante durante o percorrido.
-
O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.
-
Os/as participantes se comprometen a respectar o entorno e a non deixar ningún tipo de lixo, tamén, a evitar calquera dano a animais e plantas.
Horario | 8 h 20` | Severidade do medio natural | 3 | ||
Desnivel de subida | 1304 m | Orientación no itinerario | 3 | ||
Desnivel de baixada | 1160 m | Dificultade no desplazamiento | 4 | ||
Distancia horizontal | 25,2 km | Cantidade de esforzo necesario | 4 | ||
Tipo de percorrido | Travesía | ||||
Condicións de inverno, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.
|
- Data límite para anotarse á actividade, xoves, 25 de abril ata as 15:00 h.
- Prazas limitadas en atención as características de grande valor natural do itinerario
Nº PRAZAS
18
CONFIRMADAS
16
- As prazas confirmadas son orientativas.
- A actualización non é automática.
- Consultar dispoñibilidade.
- 689.53.66.01
PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024
AS MONTAÑAS DE TREVINCA
Cima de Galicia
A Veiga – Ourense