2023

INVERNO

Febreiro / días 04/05

Curso de Montañismo Invernal (N1)

Este Curso está pensado para iniciar ou aumentar os niveis técnicos dos afeccionados ó deporte do montañismo. Neste caso, como progresar, ascender e descender pola montaña nevada con características de neve dura ou xeada, empregando as oportunas técnicas de manexo dos crampóns e piolet, tamén, saber deterse no caso dunha caída por unha pendente de neve, ademais, coñecer as técnicas de seguridade en cordada e os diferentes estados da neve e xeo que nos permitan movernos con rapidez e seguridade.

Marzo / días 04/05

Curso de Montañismo Invernal (N1)

Este Curso está pensado para iniciar ou aumentar os niveis técnicos dos afeccionados ó deporte do montañismo. Neste caso, como progresar, ascender e descender pola montaña nevada con características de neve dura ou xeada, empregando as oportunas técnicas de manexo dos crampóns e piolet, tamén, saber deterse no caso dunha caída por unha pendente de neve, ademais, coñecer as técnicas de seguridade en cordada e os diferentes estados da neve e xeo que nos permitan movernos con rapidez e seguridade.

PRIMAVERA

Abril / Sábado día 15

Entre Vales – O Canda

Dar a coñecer os vales glaciares máis importantes das Montañas de Trevinca, neste caso o magnífico Val do Canda, consecuencia do rebordamento do poderoso glaciar do Bibei na provincia de Zamora. O descenso por este val glaciar do Canda constitúe unha experiencia moi agradable e tamén moi esixente ó non existir camiño algún, soamente pequenas vereas de paso de animais como o lobo, os cervos, etc.

Maio / Sábado día 20

Entre Vales – O Foxo Castaño

Dar a coñecer parte dos vales glaciares máis importantes das Montañas de Trevinca, o crestón tipo “alpino” do Lombo do Roncín.

Xuño / Sábado día 17

“Día da montaña Galega” en Pena Trevinca – Cima de Galicia

– Para que as diferentes administracións valoren as nosas Montañas con agarimo e razóns medioambientais.

– Para que todas as persoas coñezan e podan admirar a beleza das nosas Montañas.

– Para que os deportistas e camiñantes en busca de emocións, aventura ou coñecementos, sintan o debido respecto e coiden as Montañas como se da súa casa se tratase.

– Para que os clubs, asociacións e federacións de montañismo sexan os gardiáns protectores e defensores dos valores culturais, medioambientais e deportivos, que sempre deben de ser as razóns prioritarias do Montañismo, que foi, é e será, “Máis que un Deporte”.

– Que Pena Trevinca-Cima de Galicia e todas as Montañas Galegas estean para sempre protexidas dos proxectos causantes da súa destrución.

VERÁN

Agosto / días NON HAI ACTIVIDADE

Non hai actividade

Non hai actividade

Setembro / noite do sábado 2/3

Entre Lobos e Estrelas XIII

É este un percorrido cun alto nivel de esforzo e fortes desniveis. Dende Pena Trevinca polo cordal N/S e tendo a vista as lagoas glaciais de Piatorta, se chega ó nacemento do río Bibei e se remonta ata o Moncalvo, tendo a vista a importante lagoa glaciar de Lacillo. Dende o Moncalvo, se llaneará ata Moncalvillo, continuando ata as “Torricelas”. Unha vez visitado este importante e característico elemento arquitectónico se descenderá por sendeiros de animais ata o acevral de Porto. O percorrido continuará por pista forestal ata finalizar na aldea de Porto de Sanabria.

POR CONCRETAR

Orientación en Montaña y GPS

Esta actividade deportiva e formativa, pretende anticiparse aos posibles problemas derivados da perdas en montaña. Os percorridos por montaña poden transcorrer por lugares onde seguir a traxectoria deseñada pode ter unha gran dificultade, ademais, tanto a noite como os repentinos cambios nas condicións meteorolóxicas como a néboa poden ser os causantes dunha das perdas con graves consecuencias. Os coñecementos de cartografía e o orientación como o compás ou o GPS, nos permitirán saír e completar os nosos percorridos con eficacia e seguridade.

OUTONO

POR CONCRETAR

O Nadal en Pena Trevinca

Esta clásica ruta de montañismo invernal, moi apropiada para deportistas con experiencia no emprego de raquetas de neve, ademais do uso de crampóns e piolets, estase a converter nunha actividade moi valorada polos amantes da neve e xeo.

Neste caso, a ascensión a Pena Trevinca-Cima de Galicia en condicións invernais, convértese nun referente deportivo dentro do montañismo en Galicia. Desexamos manter o simbolismo do Nadal coa instalación do que denominamos o “Belén da Cima de Galicia”. Este Belén retírase a mediados de xaneiro.

POR CONCRETAR

A concretar

A Concretar