2024
VERANO
Setembro / 14 e 15
“Xornadas Técnicas de Montaña”
Manobras de Cordas de Montaña
Nas técnicas de montaña, a corda sempre estará presente, aportando seguridade e solucionando os problemas que se puideran presentar no ascenso ou descenso. A corda é a ferramenta indispensable a empregar na escalada ou o alpinismo, ben empregada, supón un alto porcentaxe de posibilidades para conseguir a meta desexada.
¡¡ As Montañas de Trevinca-A Veiga xa son Paraíso Natural !!
Pola súa fauna e avifauna. Pola súa flora. Pola súa morfoloxía glaciar. Polos seus ríos e vales.
Polos seus bosques e limpios ceos nocturnos.
¡¡ Moi pronto debería de ser !!
¡¡ PARQUE NATURAL !!
Zona: Escola de O Penedo (Vilanova).
SÁBADO, 14 | |
08:45 h a 10:00 h | Charla Formativa: Os anclaxes de seguridade en roca. Tipos, funcións e puntos de atención. |
10:00 h a 18:30 h | Prácticas: Nós – Instalación de rapel – Aseguramento – Rapel autoasegurado – Utilización de diferentes aparellos de descenso (oito, placa, stop, grigrí, dinámico). Indicacións para o día seguinte |
DOMINGO, 15 | |
09:00 h a 17:00 h | Prácticas: Ancorar cordas – Ascenso por cordas con medios mecánicos – Ascenso por cordas con medios de fortuna – Paso de ascenso a descenso. |
17:00 h a 18:00 h | Resumo da actividade e despedida. |
NOTA | Os horarios poden ser modificados co obxecto de conseguir os fins previstos no Curso. |
Roupa cómoda: pantalóns que permitan amplitude de movemento. Prendas de abrigo camisetas térmicas. Forro polar. Prenda exterior impermeable. Gorro. Pano para o pescozo.
Material: Zapatillas de deporte, pés de gato ou botas para camiñar. Arnés de cintura. 2 mosquetóns tipo HMS. 1 Cinta plana cosida para reunións de 120 cm. 1 Cinta plana cosida de 60 cm. Descendedor – rapelador. Cordino de 7 mm de diámetro e 1,5 metros de lonxitude. Casco de escalada / alpinismo. Mochila. Cantimplora.
Outros elementos de protección: gafas de sol, crema solar, guantes lixeiros para o roce das cordas
A data límite para anotarse á actividade, xoves, 12 de setembro ata ás 15:00 horas.
É conveniente que os/as participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do presente ano, de non ser así, deberán comunicalo no momento da inscrición para que a organización da actividade se faga cargo do seu seguro de accidentes correspondente.
A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que por causas fortuítas poidan ocorrer ós/ás participantes, pero loxicamente, se intentarán prever e se tratará por tódolos medios de evitalos. A inscrición nesta actividade confirmará a aceptación de dito punto
Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do/a menor, sempre tendo en conta as probables condicións de neve/xeo da actividade. Non se permite a inscrición nesta actividade a menores de 16 anos.
Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.
A comida do mediodía se realizará por conta propia. O tipo de comida para esta actividade é conveniente que sexa de tipo lixeiro, algún dos produtos aconsellables poderían ser: froitas secas (pasas, figos, cirolas, dátiles, etc.), barriñas de cereais, chocolate, algunha froita e auga suficiente. Nas actividades formativas e/ou percorridos por montaña, non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante os horarios da actividade.
Os/as participantes deberán respectar as instrucións da organización que teñan que ver coa súa seguridade persoal ou do grupo, de non ser así, poderán ser excluídos da actividade como participantes, baixo a responsabilidade da Dirección da actividade
No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante, ou compricar o desenrolo da actividade.
O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante a actividade, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.
Os/as participantes se comprometen a respectar o entorno e a non deixar ningún tipo de lixo, tamén, a evitar calquera dano a animais e plantas.
Clases prácticas e teóricas + Seguro de accidentes para os socios/as non federados/as.
Dirección
Jose Manuel Pérez Prego
Técnico Deportivo Superior e Guía de Alta Montaña, UIAGM
- Data límite para anotarse á actividade, xoves, 12 de setembro ata as 15:00 h.
Nº PRAZAS
8
CONFIRMADAS
4
- As prazas confirmadas son orientativas.
- A actualización non é automática.
- Antes de inscribirse consultar disponibilidade de praza.
- 689.53.66.01
PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024
AS MONTAÑAS DE TREVINCA
Cima de Galicia
A Veiga – Ourense