2025
VERÁN
Xullo / noite do sábado 12 ao 13
“XIV Noite Entre Lobos e Estrelas”
Camiñando pola noite nas Montañas de Trevinca
Con CEA (Opcional) – 21:15 h Restaurante en A Veiga. / Oficina de Turismo.
Sen CEA – 22:45 h Restaurante de A Veiga– APERTURA da ACTIVIDADE
Sábado 12 de xullo.
É este un percorrido clásico na alta montaña galega. Dende Pena Trevinca se descende polo Xancianal ata a base do Alto do Turrieiro, para continuar sen perder altura ata a Lagoa de A Serpe. Case é obrigatorio a foto da Lagoa de Ocelo dende o alto. Por pista forestal chégase á incomparable aldea de A Ponte
¡¡ As Montañas de Trevinca-A Veiga xa son Paraíso Natural !!
Pola súa fauna e avifauna. Pola súa flora. Pola súa morfoloxía glaciar. Polos seus ríos e vales.
Polos seus bosques e limpos ceos nocturnos.
¡¡ Moi pronto debería de ser !!
¡¡ PARQUE NATURAL !!
Vilanova – Maluro – Pena Trevinca – Lagoa glaciar de A Serpe – Lagoa glaciar de Ocelo – A Ponte.
(TOTAL PERCORRIDO – 27,1 Km aprox.)
| 21:15 h | Punto de reunión en A Veiga, para cea (opcional) e posterior apertura da actividade. Lugar: Oficina de Turismo |
| 22:45 h | Apertura da actividade. (Restaurante A Veiga) Con antelación, informarase do nome e lugar do restaurante. |
| 24:00 h – 24:15 h | Saída por ruta homologada en dirección ao Pico Maluro (1931 m). |
| 02:15 h (2:00 h) | Pico Maluro |
| 04:15 h – 04:30 h (2:00 h) | Pena Trevinca (2127 m). |
| 6:30 h – 6:45 h (2:00 h) | Lagoa de A Serpe. |
| 7:00 h – 7:15 h (1:15 h) | Lagoa de Ocelo. |
| 9:30 h | Aldea de A Ponte. |
| 9:15 h | TEMPO TOTAL APROXIMADO DO PERCORRIDO. DISTANCIA 27,1 Km |
PRAZAS LIMITADAS A 25 PARTICIPANTES.
- ¡¡ATENCIÓN!!
É este un percorrido clásico de alta montaña galega, polo cal é necesario unha adecuada
formación física e lóxica experiencia en camiñatas dunhas oito ou nove horas.¡¡ TER EN CONTA ESTA OBSERVACIÓN ANTES DA INSCRICIÓN !!
É conveniente que os/as participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano en curso, de non ser así deberán comunicalo no momento da inscrición, para que a organización da actividade se faga cargo do seu seguro de accidentes correspondente.
A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que por causas fortuítas poidan ocorrer ós/ás participantes, pero loxicamente, se intentarán prever e se tratará por tódolos medios de evitalos. A inscrición nesta actividade confirmará a aceptación de dito punto
Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do menor.
Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.
Ademais do equipo apropiado segundo a climatoloxía, tódolos/as participantes no percorrido deberán levar o calzado idóneo para unha marcha por montaña. NESTE CASO: O percorrido se realiza por sendeiros e tamén sen sendeiro con terreos inestables e fortes desniveis, SON OBRIGATORIAS as BOTAS DE CAÑA ALTA.
A comida para esta actividade se realizará por conta propia, non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante o percorrido.
Debido ao paso por zonas con abundancia de animais salvaxes e outros de pastoreo, non se permite o acompañamento de cans, ou calquera outro animal de compaña.
Os/as participantes deberán respectar as instrucións da organización que teñan que ver coa súa seguridade ou a do grupo, de non ser así, poderán ser excluídos como participantes baixo a responsabilidade da Dirección da actividade.
No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante durante o percorrido.
O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.
Os/as participantes se comprometen a respectar o entorno e a non deixar ningún tipo de lixo, tamén, evitar calquera dano a animais e plantas
O percorrido comezarase en Vilanova de Trevinca, a unha altura de 1216 m. A saída se efectuará as 24:00 h da noite en período de lúa chea.
A distancia a percorrer dende a saída en Vilanova de Trevinca ao punto final na aldea de A Ponte (A Ponte) é duns 27,1 Km. O tempo total incluíndo as demoras por grupo numeroso, se estima nunhas 9,15 horas aproximadamente. ¡Este tempo de percorrido se entende como normal mínimo. Puidera incrementarse dependendo das condicións meteorolóxicas e/ou características físicas dos/das participantes!.
O longo do percorrido realizaranse numerosos descansos de corta duración para acurtar distancias e manter o grupo sempre baixo control visual, deste xeito, se intentará que tódolos/as participantes podan manter un ritmo de paso duns 3 a 3,5 Km/hora (media normal para un percorrido en media montaña).
A organización propón cear nun restaurante de A Veiga (opcional) cara ás 21:15 h da noite do 12 de xullo. No mesmo lugar, ás 22:45 h se realizará a apertura desta XIV actividade de “Entre Lobos e Estrelas” acompañada dunha breve explicación do percorrido e tamén as características do terreo. O inicio do percorrido se efectuará ás 24:00 horas dende Vilanova de Trevinca.
O final do percorrido terá lugar na aldea de A Ponte (A Ponte), onde se trasladará aos condutores a Vilanova de Trevinca para recoller os vehículos particulares. Previsiblemente, a chegada será arredor das 10:15 horas do domingo día 12 de xullo.
![]() | |||||
![]() | Horario | 8 h 55` | ![]() | Severidad del medio natural | 3 |
![]() | Desnivel de subida | 1296 m | ![]() | Orientación en el intinerario | 2 |
![]() | Desnivel de bajada | 1300 m | ![]() | Dificultad en el desplazamiento | 3 |
![]() | Distancia horizontal | 27,1 km | ![]() | Cantidad de esfuerzo necesario | 4 |
![]() | Tipo de recorrido | Travesía | |||
Condiciones de verano, tiempos estimados según criterio MIDE, sin paradas.
| |||||
Dirección
Juanjo Lorenzo Veigas
Técnico Deportivo N2 – Media Montaña
Colaboradora
Mónica Rodríguez Fernández
Técnica Deportiva N1
Colaborador
Marcos Pérez Rivas
Técnico Deportivo N1
Colaborador
Antonio Fenández (Cholo)
Técnico Deportivo: Montañismo-Alpinismo-Escalada en Rocha
- Data límite para anotarse á actividade, xoves, 10 de xullo ata as 15:00 h.
- Prazas limitadas en atención ás características de grande valor natural do itinerario
Nº PRAZAS
25
CONFIRMADAS
21
- As prazas confirmadas son orientativas.
- A actualización non é automática.
- Consultar dispoñibilidade.
- 689.53.66.01
PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024
AS MONTAÑAS DE TREVINCA
Cima de Galicia
A Veiga – Ourense
ORGANIZA
COLABORA
PATROCINA










