


2025
PRIMAVERA
Abril / Sábado día 12
Ruta Nacemento do Río Bibey e Montouto

Con esta interesante e pouco frecuentado itinerario ata o nacemento do río Bibey, iremos coñecendo a parte alta do grande val glaciar deste caudaloso río.
O Montouto (Moncoubo), magnífica atalaia sobre o val glaciar e impresionante espolón de montaña no medio do Bibey e o arroio do Vedul, presenta na súa cima dúas interesantes lagoiñas.
A lagoa de A Serpe, de recoñecido valor antropolóxico cá súa lenda de serpe e doncela enfeitizada, sempre resulta interesante visitala e admirala.
Vilanova – Sestil Alto – Piatorta – Fonte Bibey – Portelo da Veiga do Vedul – Montouto (Moncoubo) – Lagoa de A Serpe – A Ponte.
09:00 h. | Saída dende Vilanova. Casa Turismo Rural. Explicación itinerario. Comprobación equipo persoal. |
12:00 h. – 12:10 h. | Valigota polo Sestil |
13:55 h. – 14:25 h. | Nacemento do río Bibey |
15:25 h. – 15:30 h. | Portelo da Veiga do Vedul (posible ascensión ao Montouto “Moncoubo”) |
16:30 h. – 16:40 h. | Lagoa de A Serpe |
18:15 h. – 18:15 h. | Chegada a A Ponte (Deprazamento en coche a Vilanova). |
O percorrido comeza na aldea de Vilanova, a 1.220 m, con chegada a aldea de A Ponte. A saída se realizará ás 09:00 h. do sábado día 12.
A distancia a percorrer dende a saída en Vilanova é duns 28,7 Km. e unhas 9:30 horas como tempo total calculado. Tempos e percorrido poden variar con arranxo á meteoroloxía, terreo e condicións físicas dos participantes.
Ao longo do percorrido se realizarán os necesarios descansos.
O final do percorrido tenrá lugar na aldea de A Ponte, onde se trasladará aos condutores dos vehículos a recollerlos en Vilanova, arredor das 18:30 h
Acompañamento + Tramitación do seguro de accidentes para ls non federados- traslado aos condutores a Vilanova a recoller os vehículos
-
Debido a previsión de organización da actividade non se devolverá a contía da inscrición si se fai a anulación da mesma con 10 días ou menos antes da celebración da actividade, a non ser que se suspenda por parte da organización.
-
É conveniente que os/as participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano en curso, de non ser así, deberán comunicalo no momento da inscrición para que a organización da actividade tramite o seu seguro de accidentes correspondente.
-
A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que por causas fortuítas poidan ocorrer ós/ás participantes, pero loxicamente, se intentarán prever e se tratará por tódolos medios de evitalos. A inscrición nesta actividade confirmará a aceptación de dito punto
-
Non se permite a participación a persoas maiores de 80 anos, debido a que é a idade máxima que a FGM nos permite tramitar o seguro de accidentes. Así mesmo, polas condicións desta actividade, non se permite a participación a persoas menores de 14 anos.
-
Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do menor, sempre tendo en conta as condicións do percorrido.
-
Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.
-
Ademais do equipo apropiado segundo a meteoroloxía, tódolos/as participantes nesta actividade deberán levar o equipo apropiado segundo a meteoroloxía, calzado idóneo de montañismo en terreo irregular. Se recomenda pantalón largo debido a alta vexetación primaveral.
-
O tipo de comida para esta actividade é conveniente que sexa de tipo lixeiro, pouco peso e fácil dixestión, ademais de auga abundante en caso de calor. Nos percorridos por montaña polas súas características, non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante o percorrido.
-
Debido ó paso por zonas con abundancia de animais salvaxes e outros de pastoreo, non se permite o acompañamento de cans, ou calquera outro animal de compaña.
-
Os/as participantes deberán respectar as instrucións da organización que teñan que ver coa súa seguridade ou a do grupo, de non ser así, poderán ser excluídos da actividade como participantes, baixo a responsabilidade da Dirección da actividade.
-
No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante durante o percorrido.
-
O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.
-
Os/as participantes se comprometen a respectar o entorno e a non deixar ningún tipo de lixo, tamén, a evitar calquera dano a animais e plantas.
![]() | |||||
![]() | Horario | 10 h 30` | ![]() | Severidade do medio natural | 3 |
![]() | Desnivel de subida | 1428 m | ![]() | Orientación no itinerario | 3 |
![]() | Desnivel de baixada | 1582 m | ![]() | Dificultade no desplazamiento | 3 |
![]() | Distancia horizontal | 28,7 km | ![]() | Cantidade de esforzo necesario | 5 |
![]() | Tipo de percorrido | Travesía | |||
Condicións de tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, con paradas. |
- Data límite para anotarse á actividade, xoves, 10 de abril ata as 15:00 h.
- Prazas limitadas en atención as características de grande valor natural do itinerario
Nº PRAZAS
18
CONFIRMADAS
03
- As prazas confirmadas son orientativas.
- A actualización non é automática.
- Consultar dispoñibilidade.
- 689.53.66.01
PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024
AS MONTAÑAS DE TREVINCA
Cima de Galicia
A Veiga – Ourense
ORGANIZA

COLABORA

PATROCINA
