2019
OUTONO
Outubro / noite do 19
“Os Sons da Noite”
O Bruar dos Cervos
Nos gustaría que se coñecera o mundo natural de montaña, tanto nos seus aspectos nocturnos como diúrnos. Coma neste caso, os cervos macho realizan un cortexo e loita ritual no período de celo outonal, en busca de territorio e tódalas femias que puideran reunir.
Esta actividade parécenos moi apropiada para toda idade e condición física, ademais de difundir as imprescindibles normas de información, respecto e protección do mundo animal.
¡¡ As Montañas de Trevinca-A Veiga xa son Paraíso Natural !!
Pola súa fauna e avifauna. Pola súa flora. Pola súa morfoloxía glaciar. Polos seus ríos e vales.
Polos seus bosques e limpos ceos nocturnos.
¡¡ Moi pronto debería de ser !!
¡¡ PARQUE NATURAL !!
A Ponte – Pena Ferro – Regueiro dos Poulos – Lagoa de Ocelo – A Ponte
DISTANCIA TOTAL: 15 km
SÁBADO, 19 | |
18:00 h | Recepción de participantes no Centro de Interpretación das Montañas de Trevinca en A Ponte (A Veiga). Explicación do percorrido e características da actividade. |
18:30 h | Saída en dirección a Pena Ferro. |
20:00 h | En Pena Ferro, posibilidade de escoitar o bruar ou berrea dos cervos nos vales do Escambrón no río Xares e no val do Regueiro das Poulas do Couto. |
22:30 h | Posiblilidade de escoitar o bruar ou berrea dos cervos no val das Morteiras ou proximidades da Lagoa de Ocelo. Cea por conta propia. |
24:00 h | Chegada a A Ponte. |
NOTA: ¡¡ HORARIOS E PERCORRIDO, ESTARÁN SUXEITOS ÁS POSIBILIDADES DE ESCOITAR O BRUAR DOS CERVOS NOS DIFERENTES VALES.!! |
O trazado deste percorrido calculado nunhas 05:30 horas, considerado como normal/baixo dentro dunhas cotas de altura de 1.400 a 1.600 m non precisa de condicións técnicas especiais nin dun gran estado físico, sen embargo, é aconsellable unha boa e normal condición física.
O percorrido comeza no pobo de A Ponte, a uns 1.100 m., con regreso ao mesmo pobo. A recepción de participantes se realizará ás 18:00 h. do sábado día 19.
A distancia a percorrer dende a saída en A Ponte, con regreso ao mesmo pobo é duns 15 Km. e 5:30 horas como tempo total máximo. Tempos e percorrido poden variar con arranxo ás posibilidades de escoitar aos cervos en calquera das zonas escollidas.
Ao longo do percorrido se realizarán os necesarios descansos.
O final do percorrido terá lugar no pobo de A Ponte, previsiblemente, a chegada será arredor das 24:00 horas do sábado día 19.
O equipo e material necesario para esta actividade de normal/baixo nivel tanto físico como técnico, está relacionado coa meteoroloxía propia dun mes de outubro. Aconsellamos prendas de roupa para frío e/ou posibilidade de choiva. É necesario ademais frontal ou lanterna e pilas de reposto. Imprescindible a mochila, por suposto, augua e comida suficientes para un percorrido dunhas cinco horas e media (5:30 h).
É conveniente que os/as participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano 2019, de non ser así, deberán comunicalo no momento da inscrición, para que a organización da actividade tramite o seu seguro de accidentes correspondente.
A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que por causas fortuítas poidan ocorrer ós/ás participantes, pero loxicamente, se intentarán prever e se tratará por tódolos medios de evitalos. A inscrición nesta actividade confirmará a aceptación de dito punto
Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do/a menor.
Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.
Ademais do equipo apropiado segundo a climatoloxía, tódolos/as participantes no percorrido deberán levar o calzado idóneo para unha marcha por pistas forestales. Recomendamos botas de caña alta, inda que o terreo non ten fortes desniveis e, neste caso, non é moi accidentado. É conveniente levar algunha prenda de abrigo para os descansos.
O tipo de comida para esta actividade é conveniente que sexa de tipo lixeiro, o aconsellable, podería ser: froitas secas (pasas, figos, cirolas, dátiles, etc.), barriñas de cereais, chocolate, algunha froita, auga suficiente ou algunha bebida enerxética. Nos percorridos por montaña polas súas características, non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante o percorrido.
Debido ao paso por zonas con abundancia de animais salvaxes e outros de pastoreo, non se permite o acompañamento de cans, ou calquera outro animal de compaña.
Os/as participantes deberán respectar as instrucións da organización que teñan que ver coa súa seguridade ou a do grupo, de non ser así, poderán ser excluídos da actividade como participantes, baixo a responsabilidade da Dirección da actividade.
No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante durante o percorrido.
O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.
Os/as participantes se comprometen a respectar o entorno e a non deixar ningún tipo de lixo, tamén, a evitar calquera dano a animais e plantas.
Horario | 5 h 10` | Severidad del medio natural | 3 | ||
Desnivel de subida | 682 m | Orientación en el intinerario | 2 | ||
Desnivel de bajada | 669 m | Dificultad en el desplazamiento | 2 | ||
Distancia horizontal | 15,1 km | Cantidad de esfuerzo necesario | 3 | ||
Tipo de recorrido | Circular | ||||
Condiciones de verano, tiempos estimados según criterio MIDE, sin paradas. Calculado sobre datos de 2019. |
Dirección
Mónica Rodríguez Fernández
Técnica Deportiva N1
Colaborador
Juanjo Lorenzo Veigas
Técnico Deportivo N2 – Media Montaña
Colaborador
Marcos Pérez Rivas
Colaborador
Antonio Fenández (Cholo)
Técnico Deportivo: Montañismo-Alpinismo-Escalada en Roca
- Data límite para anotarse á actividade, xoves, 17 de outubro ata as 21:00 h.
- Prazas limitadas en atención ás características de grande valor natural do itinerario
Nº PRAZAS
20
CONFIRMADAS
20
- As prazas confirmadas son orientativas.
- A actualización non é automática.
- Antes de inscribirse consultar disponibilidade de praza.
- 689.53.66.01
PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024
AS MONTAÑAS DE TREVINCA
Cima de Galicia
A Veiga – Ourense