2019

OUTONO

Novembro / día 10

“Morfoloxía Glaciar”
As lagoas

Neste percorrido coñeceremos unha natureza que se prepara para o inverno dentro de toda unha ampla gama de cores, dende os amarelos ata os vermellos. Estas paisaxes conformarán unha imaxe de sumo interese, tanto no cultural como no medioambiental.

Ademais, coñeceremos un pouco mellor os diferentes aspectos que interviñeron na formación dos vales e lagoas glaciares das Montañas de Trevinca.

¡¡ As Montañas de Trevinca-A Veiga xa son Paraíso Natural !!
Pola súa fauna e avifauna. Pola súa flora. Pola súa morfoloxía glaciar. Polos seus ríos e vales.
Polos seus bosques e limpos ceos nocturnos.

¡¡ Moi pronto debería de ser !!
¡¡ PARQUE NATURAL !!

A Ponte – O Fial – Lagoa de A Serpe – Lagoa de Ocelo – Lagoa de Carrizais – Lagoa de Laceira – Val Glaciar da Morteira – Xares

DISTANCIA TOTAL: 17.5 km

DOMINGO, 10 
10:00 h – 10:30 hLugar de reunión en A Ponte. Centro Interpretación da Montaña de Trevinca.
Charla sobre morfoloxía glaciar.
10:30 h – 16:30 hPercorrido polas lagunas glaciares de A Serpe, Ocelo e Carrizais.
16:30 h – 16:45 hClausura da actividade.
  • O trazado deste percorrido calculado nunhas 06:00 horas, considerado como normal dentro dunhas cotas de altura de 1.100 a 1.850 m non precisa de condicións técnicas especiais nin dun gran estado físico, sen embargo, é aconsellable unha boa e normal condición física.

  • O percorrido comeza no pobo de A Ponte, a uns 1.100 m., con chegada ao pobo de Xares. A recepción de participantes se realizará ás 10:00 h. do domingo día 10.

  • A distancia a percorrer dende a saída en A Ponte, con regreso ao pobo de Xares é duns 17,5 Km. e 6:00 horas como tempo total máximo. Tempos e percorrido poden variar con arranxo á meteoroloxía e as condicións físicas dos participantes.

  • Ao longo do percorrido se realizarán os necesarios descansos.

  • O final do percorrido terá lugar no pobo de Xares, donde se desprazará aos conductores para que recollan os seus vehículos particulares en A Ponte, arredor das 16:30 h/16:45 h.

O equipo e material necesario para esta actividade de normal nivel tanto físico como técnico, está relacionado coa meteoroloxía propia dun mes de novembro. Aconsellamos prendas de roupa para frío e/ou posibilidade de choiva. É necesario ademais frontal ou lanterna e pilas de reposto. Imprescindible a mochila, por suposto, augua e comida suficientes para un percorrido dunhas seis horas (6:00 h).

  • É conveniente que os/as participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano 2019, de non ser así, deberán comunicalo no momento da inscrición, para que a organización da actividade tramite o seu seguro de accidentes correspondente.

  • A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que por causas fortuítas poidan ocorrer ós/ás participantes, pero loxicamente, se intentarán prever e se tratará por tódolos medios de evitalos. A inscrición nesta actividade confirmará a aceptación de dito punto

  • Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do/a menor.

  • Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.

  • Ademais do equipo apropiado segundo a climatoloxía, tódolos/as participantes no percorrido deberán levar o calzado idóneo para unha marcha por camiños de montaña. Recomendamos botas de caña alta apropiadas para la práctica del montañismo. É conveniente levar prendas de abrigo para os descansos.

  • O tipo de comida para esta actividade é conveniente que sexa de tipo lixeiro, pouco peso e fácil dixestión. Nos percorridos por montaña polas súas características, non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante o percorrido.

  • Debido ao paso por zonas con abundancia de animais salvaxes e outros de pastoreo, non se permite o acompañamento de cans, ou calquera outro animal de compaña.

  • Os/as participantes deberán respectar as instrucións da organización que teñan que ver coa súa seguridade ou a do grupo, de non ser así, poderán ser excluídos da actividade como participantes, baixo a responsabilidade da Dirección da actividade.

  • No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante durante o percorrido.

  • O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.

  • Os/as participantes se comprometen a respectar o entorno e a non deixar ningún tipo de lixo, tamén, a evitar calquera dano a animais e plantas.

Horario6 h 00`Severidad del medio natural3
Desnivel de subida863 mOrientación en el intinerario3
Desnivel de bajada859 mDificultad en el desplazamiento3
Distancia horizontal17,6 kmCantidad de esfuerzo necesario4
Tipo de recorridoTravesía   
Condiciones de verano, tiempos estimados según criterio MIDE, sin paradas.
Calculado sobre datos de 2019.


Dirección
Antonio Fenández (Cholo)
Técnico Deportivo: Montañismo-Alpinismo-Escalada en Roca

Colaborador
Juanjo Lorenzo Veigas
Técnico Deportivo N2 – Media Montaña

Nº PRAZAS

20

CONFIRMADAS

3

PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024

AS MONTAÑAS DE TREVINCA

Cima de Galicia
A Veiga – Ourense

ORGANIZA

COLABORA

PATROCINA