


2019
PRIMAVERA
Maio / día 25
“As cores de Trevinca – primavera”
Ruta ornitolóxica – Serra Calva

Lagoas das Tablillas – Mallada dos Currais – Lagoa de Pichos – Pico Ocelo – Lagoas de Carrizais e Laceira – Bidueiral de Xares – Seoane. Regreso en vehículo a Corzos.
Con esta interesante ruta pola ZEPA Pena Trevinca (Zona de Especial Conservación das Aves), queremos dar a coñecer unha zona ornitolóxica de moi grande interese, e unhas lagoas glaciares no conxunto do segundo lugar de importancia en España.
Ademais de poder visitar e contemplar as lagoas da Serra Calva, poderemos aprender desfrutando da observación das aves de montaña de Trevinca-A Veiga.
Este percorrido ornitolóxico, nos permitirá coñecer unha afección que combina a observación da avifauna co camiñar polas montañas máis altas de Galicia.
Socios / as | CON | Licencia federativa | 06 € |
Socios / as | SEN | Licencia federativa | 12 € |
NON Socios / as | CON | Licencia federativa | 15 € |
NON Socios / as | SEN | Licencia federativa | 20 € |
NON Socios / as | SEN | Licencia federativa – menores 16 anos | 08 € |
Marcos Pérez Rivas
Especialista avifauna Montañas de Trevinca
Dirección da Actividade
Juanjo Lorenzo Veigas
Técnico Deportivo N2 – Media Montaña
Guía da Actividade
Mónica Rodríguez Fernández
Técnico Deportiva N1
Colaboradora
09:00 h. | Lugar de reunión en hotel Aira da Petada (Corzos). Café antes do inicio da charla. |
09:15 h. – 10:00 h. | Charla iniciación á ornitoloxía / regulación de prismáticos. |
10:00 h. – 10:40 h. | Desprazamento ata a saída en Lagoas das Tablillas. |
10:40 h. – 18:00 h. | Comezo da ruta pola Serra Calva. |
18:00 h. – 18:45 h. | Chegada a Seoane e recollida de vehículos en Lagoas das Tablillas. |
18:45 h. – 19:30 h. | Chegada a Corzos. Charla-coloquio. Clausura da actividade. |
19:30 h. – 20:00 h. | Pincho merenda en Hotel Aira da Petada (opcional). |
- É conveniente que os participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano 2019, de non ser así deberán comunicalo no momento da inscrición, para que a organización da actividade se faga cargo do seu seguro de accidentes correspondente.
- Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do menor.
- Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.
- Para a asistencia ao pincho/merenda en hotel Aira da Petada (Corzo), os/as participantes interesados, deberán comunicalo á organización da marcha no momento da inscrición (Prezo 10 €).
- A comida do mediodía se realizará por conta propia.
- Ademais do equipo apropiado segundo a climatoloxía, tódolos/as participantes no percorrido deberán levar o calzado idóneo para unha marcha por montaña, con botas de caña alta.
- Non se permite a participación de cans ou calquera outro animal de compañía.
- Non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante o percorrido.
- En todo momento, os/as participantes están suxeitos as normas da organización e dirección dos/as responsables do percorrido.
- No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante durante o percorrido.
- O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.
![]() | |||||
![]() | Horario | 6 h. 40′ | ![]() | Severidad del medio natural | 2 |
![]() | Desnivel de subida | 567 m. | ![]() | Orientación en el intinerario | 1 |
![]() | Desnivel de bajada | 945 m. | ![]() | Dificultad en el desplazamiento | 2 |
![]() | Distancia horizontal | 20,6 km. | ![]() | Cantidad de esfuerzo necesario | 4 |
![]() | Tipo de recorrido | Travesía | |||
Condiciones de 3 estaciones, tiempos estimados según criterio MIDE, sin paradas. Calculado sobre datos de 2019. |
- Data límite para anotarse á actividade, xoves, 23 de maio ata as 21:00 h.
- Prazas limitadas en atención as características de grande valor natural do intinerario
Nº PRAZAS
20
CONFIRMADAS
15
- As prazas confirmadas son orientativas.
- A actualización non é automática.
- Consultar dispoñibilidade.
- 689.53.66.01
PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024
AS MONTAÑAS DE TREVINCA
Cima de Galicia
A Veiga – Ourense
ORGANIZA

COLABORA

PATROCINA
