2020

INVERNO

Marzo / día 21

XORNADAS DE INICIACIÓN

Raquetas de Neve – ARVA

Raquetas de Neve

Despois de haber recibido a comunicación da Federación Galega de Montañismo e Xunta de Galicia, indicando a conveniencia de suspender tódalas actividades deportivas, cremos acertada dita recomendación e polo conseguinte, optamos por suspender ou aprazar as nosas actividades dos meses de marzo e abril na espera de que podamos reanudalas canto antes segundo as indicacións da Xunta de Galicia.

Lamentamos esta suspensión das nosas actividades de montañismo na firme crenza de estar colaborando para que este problema sanitario quede erradicado o antes posible.

As técnicas de desprazamento sobre raquetas de neve facilitan a progresión en terreos con grande cantidade de neve branda. O coñecemento da historia e uso deste material axuda e completa a formación do deportista ou persoa coa necesidade de desprazarse en terreos con neve branda. As prácticas no terreo nevado se complementan coas clases teórico/prácticas sobre o coidado e mantemento das raquetas de neve e bastóns.

O coñecemento do ARVA (Detector de Vítimas de Aludes de neve) ademais do correcto emprego e as prácticas correspondentes, completan esta interesante xornada informativa de grande interese para tódolos/as practicantes da Alta Montaña ou Montañismo Invernal.

¡¡ As Montañas de Trevinca-A Veiga xa son Paraíso Natural !! Pola súa fauna e avifauna. Pola súa flora. Pola súa morfoloxía glaciar. Polos seus ríos e vales. Polos seus bosques e limpos ceos nocturnos.

¡¡ Moi pronto debería de ser !! ¡¡ PARQUE NATURAL !!

Zona: Escola de prácticas de neve do Pico Maluro (1933 m)

SÁBADO, 21 
08:45 hLUGAR DE ENCONTRO: Vilanova de Trevinca. Inmediacións da Casa de Turismo Rural.
09:00 h – 09:45 hCharlas: “Historia e principios xerais do emprego das raquetas de neve” e “mantemento e revisións das raquetas de neve”.
10:00 hSaída de prácticas a zona da escola de neve do Pico Maluro.
14:30 hDescanso comida.
15:00 hContinuación coas prácticas. Emprego do ARVA.
17:30 hRegreso a Vilanova de Trevinca.
19:30 hDescanso/café e comentarios sobre a xornada.
20:00 hFinalización e clausura da xornada.
DOMINGO, 22 
10:00 h – 11:30 h

FORA DO PROGRAMA DE RAQUETAS DE NEVE.

Repaso de nos básicos, encordaxe/seguridade.

OS HORARIOS PODERÁN SER MODIFICADOS POR CAUSAS DA METEOROLOXÍA E/OU CONDICIÓNS DA NEVE.

  • O percorrido comeza no pobo de Vilanova, a uns 1.220 m., con chegada de novo ao pobo de Vilanova. A hora de encontro será ás 08:45 h. do sábado día 21.

  • A distancia a percorrer dende a saída en Vilanova ata a zona de prácticas de neve no Pico Maluro, é duns 7,3 Km. e unhas 2 horas como tempo total aproximado, segundo as condicións físicas dos participantes e as propias condicións da neve. Os tempos calculados sempre son aproximados tendo en conta as razóns antes descritas, meteoroloxía e condicións do terreo nevado.

O equipo e material necesario para esta actividade de emprego e técnica de raquetas de neve, son as propias raquetas de neve e bastóns, ademais, o equipo apropiado para condicións invernais como botas de montaña de caña alta adecuadas para neve,  dous pares de lubas, gorro de inverno, bufanda tubular, gafas de sol e crema solar, pantalóns e vestimenta para montaña invernal. No suposto de non ter raquetas de neve e bastóns, se poden solicitar ó clube de Montañismo Montañas de Trevinca, sen custe algún para o participante nesta actividade. Por suposto, tamén é necesario a comida e auga suficiente para unha xornada en montaña dunhas 8/9 horas.

  • É conveniente que os/as participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano 2020, de non ser así, deberán comunicalo no momento da inscrición, para que a organización da actividade tramite o seu seguro de accidentes correspondente.

  • A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que por causas fortuítas poidan ocorrer ós/ás participantes, pero loxicamente, se intentarán prever e se tratará por tódolos medios de evitalos. A inscrición nesta actividade confirmará a aceptación de dito punto.

  • Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do menor, sempre tendo en conta as probables condicións de neve/xeo do percorrido.

  • Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.

  • O tipo de comida para esta actividade é conveniente que sexa de tipo lixeiro, pouco peso e fácil dixestión. Nos percorridos por montaña polas súas características, non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante o percorrido.

  • Debido ao paso por zonas con abundancia de animais salvaxes e outros de pastoreo, non se permite o acompañamento de cans, ou calquera outro animal de compaña.

  • Os/as participantes deberán respectar as indicacións da organización que teñan que ver coa súa seguridade ou a do grupo, de non ser así, poderán ser excluídos da actividade como participantes, baixo a responsabilidade da Dirección da actividade.

  • No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ó participante durante o percorrido.

  • O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.

  • Os/as participantes se comprometen a respectar o entorno e a non deixar ningún tipo de lixo, tamén, a evitar calquera dano a animais e plantas.

Dirección e Guía
Juanjo Lorenzo Veigas
Técnico Deportivo N2 – Media Montaña

Colaborador
Antonio Fenández (Cholo)
Técnico Deportivo: Montañismo-Alpinismo-Escalada en Roca

Colaboradora
Mónica Rodríguez Fernández
Técnica Deportiva N1 en Montaña

Nº PRAZAS

0

CONFIRMADAS

0

PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024

AS MONTAÑAS DE TREVINCA

Cima de Galicia
A Veiga – Ourense

ORGANIZA

COLABORA

PATROCINA