2024
VERÁN
Agosto / Días sábado e domingo 3 e 4
“Os Ceos de Trevinca”
As Estrelas dende a Cima de Galicia
Esta actividade inclúe unha formativa experiencia nocturna relacionada co coñecemento das constelacións e outras informacións sobre o noso universo. O amencer nas Lagoas Glaciais de Piatorta, é o momento máis apropiado para que os afeccionados as libélulas e bolboretas podan fotografalas no seu medio natural.
A saída se efectuará dende a aldea de Vilanova de Trevinca ás 16:00 h, para chegar a Pena Trevinca arredor das 20:30 h .
Neste tipo de actividades que transcorren por lugares de grande valor medioambiental, o número de participantes se limitará a 20, incluíndo outros 4 como equipo de guiado e información, totalizando un máximo de 24 persoas.
¡¡ As Montañas de Trevinca-A Veiga xa son Paraíso Natural !!
Pola súa fauna e avifauna. Pola súa flora. Pola súa morfoloxía glaciar. Polos seus ríos e vales.
Polos seus bosques e limpos ceos nocturnos.
¡¡ Moi pronto debería de ser !!
¡¡ PARQUE NATURAL !!
Vilanova – Pico Maluro – Crestón do Lombo do Rocín – Pena Trevinca-Cima de Galicia – Lagoas de Piatorta – Lagoa de A Serpe – A Ponte
DISTANCIA TOTAL: 32 km
SÁBADO, 3 | |
16:00 h | Recepción de participantes en Vilanova de Trevinca. Lugar de inicio de rutas |
20:30 h – Inclúe descansos/charlas | Chegada a Pena Trevinca (2127 m) |
22:00 h | Chegada ás Lagoas de Piatorta e cea (por conta propia) |
23:00 h | Charlas: A paisaxe dun ceo nocturno – Razóns astronómicas – Mitoloxía celeste |
DOMINGO, 4 | |
07:00 h | O amencer – Saúdo a aurora – Simbolismo solar |
08:00 h | Percorrido cara a Lagoa de A Serpe (Morfoloxía Glaciar e Lenda da Serpe/antropoloxía) |
13:00 h | Chegada a A Ponte e visita ao Centro da Montaña de Trevinca |
13:30 h | Clausura da actividade e despedida. Comida/pincho (opcional) |
PRAZAS LIMITADAS A 20
É conveniente que os/as participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano en curso, de non ser así, deberán comunicalo no momento da inscrición, para que a organización da actividade se faga cargo do seu seguro de accidentes correspondente.
A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que por causas fortuítas poidan ocorrer ós/ás participantes, pero loxicamente, se intentarán prever e se tratará por tódolos medios de evitalos. A inscrición nesta actividade confirmará a aceptación de dito punto
Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do/a menor.
Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.
Ademais do equipo apropiado segundo a climatoloxía, tódolos/as participantes no percorrido deberán levar o calzado idóneo para unha marcha por montaña. Por razóns de ser un percorrido nocturno con desprazamentos en estreitos sendeiros, alta vexetación e terreo inestable, se fai obrigatorio as BOTAS DE MONTAÑA DE CAÑA ALTA máis aconsellables para este tipo de actividades de alta montaña galega.
NOTA INFORMATIVA AOS NOSOS/AS ASOCIADOS/AS: “Estamos firmemente convencidos de que as botas de montaña de caña alta protexen os nocellos e evitan posibles torceduras e/ou accidentes máis graves nos pés ou xeonllos. Desde sempre, aconsellamos este tipo de calzado nunha boa parte das nosas actividades deportivas, este ano 2024, comezamos a esixir as botas de montaña de caña alta en todas aquelas actividades de percorridos con características de chans pedregosos, inestables e/ou con fortes descensos. Rogamos teñades en conta esta petición do equipo adecuado para a práctica do montañismo, sobre todo, o calzado como parte fundamental da nosa seguridade e eficacia nos desprazamentos pola montaña.”
Non está permitido calquera forma de facer lume, sexan de cocinillas para facer ou quentar a comida ou calquera outro sistema que funcione con lume/chama. Temos que ser extremadamente previsores e rigorosos con todo aquelo que poda ser susceptible de crear un incendio no monte. Os clubes de montañismo estamos obrigados non soamente a prever o dano á Natureza, se non tamén, a evitalo con tódolos medios ao noso alcance.
O tipo de comida para esta actividade é conveniente que sexa de tipo lixeiro, o aconsellable, podería ser: froitas secas (pasas, figos, cirolas, dátiles, etc.), barriñas de cereais, chocolate, algunha froita, auga suficiente ou algunha bebida enerxética. Nos percorridos por montaña polas súas características, non se permite o consumo de bebidas alcólicas durante o percorrido.
Debido ao paso por zonas con abundancia de animais salvaxes e outros de pastoreo, non se permite o acompañamento de cans, ou calquera outro animal de compaña.
Os/as participantes deberán respectar as instrucións da organización que teñan que ver coa súa seguridade ou a do grupo, de non ser así, poderán ser excluídos da actividade como participantes, baixo a responsabilidade da Dirección da actividade.
No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante durante o percorrido.
O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.
Os/as participantes se comprometen a respectar o entorno e a non deixar ningún tipo de lixo, tamén, a evitar calquera dano a animais e plantas.
¡ATENCIÓN! O trazado deste percorrido calculado nunhas 9/10 horas, considerado como normal/alto dentro dunhas cotas de altura de 1800 a 2100 m non precisa de condicións técnicas nin de superior estado físico, nembargantes, é aconsellable unha boa e normal condición física e correcta adaptación a alturas de 2000 m. ¡¡ANTES DE SOLICITAR A INSCRICIÓN, TER EN CONTA ESTA ADVERTENCIA!!
O percorrido comezarase na aldea de Vilanova, a unha altura de 1.217 m. A saída se efectuará ás 16:00 h do sábado día 3.
A distancia a percorrer dende a saída en Vilanova de Trevinca, ao punto final en A Ponte é duns 32 Km. O tempo total, se estima nunhas 9/10 horas aproximadamente. ¡Este tempo de percorrido se entende como normal mínimo. Puidera incrementarse dependendo das condicións meteorolóxicas e/ou características físicas dos/das participantes!.
O longo do percorrido realizaranse os necesarios descansos, sempre de corta duración, para acurtar distancias e manter o grupo dentro do control visual, deste xeito, se intentará que tódolos/as participantes podan manter un ritmo de paso duns 3 a 3,5 Km/hora (media normal para un percorrido en media/alta montaña).
O final do percorrido terá lugar na aldea de A Ponte, previsiblemente, a chegada será arredor das 13:00 horas do domingo día 4. No Centro da Montaña de Trevinca terá lugar a clausura e despedida da actividade. Un vehículo trasladará aos chóferes ata Vilanova de Trevinca para recoller os vehículos alí estacionados.
Horario | 10 h 40` | Severidad del medio natural | 4 | ||
Desnivel de subida | 1496 m | Orientación en el intinerario | 3 | ||
Desnivel de bajada | 1607 m | Dificultad en el desplazamiento | 3 | ||
Distancia horizontal | 32,0 km | Cantidad de esfuerzo necesario | 5 | ||
Tipo de recorrido | Travesía | ||||
Condiciones de verano, tiempos estimados según criterio MIDE, sin paradas. Calculado sobre datos de 2024. |
Dirección
Juanjo Lorenzo Veigas
Técnico Deportivo N2 – Media Montaña
Colaboradora
Mónica Rodríguez Fernández
Técnico Deportiva N1
Colaborador
Marcos Pérez Rivas
Colaborador
Antonio Fenández (Cholo)
Técnico Deportivo: Montañismo-Alpinismo-Escalada en Roca
- Data límite para anotarse á actividade, mércores, 31 de xullo ata as 13:00 h.
- Prazas limitadas en atención ás características de grande valor natural do itinerario
Nº PRAZAS
20
CONFIRMADAS
09
- As prazas confirmadas son orientativas.
- A actualización non é automática.
- Antes de inscribirse consultar dispoñibilidade de praza.
- 689.53.66.01
PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024
AS MONTAÑAS DE TREVINCA
Cima de Galicia
A Veiga – Ourense