2021
PRIMAVERA
Abril / día 18
“Camiños da Doncela Encantada”
Lagoas glaciais de Trevinca
Vilanova de Trevinca – O Carboeiro (1319 m) – Penedos de Jose María – Outeiro do Bruxo – A Ponte – Balcón de A Serpe – Pico Ocelo (1696 m) – Val das Morteiras – A Ponte – Vilanova de Trevinca. (24 Km)
Dar a coñecer lugares singulares dos arredores de Vilanova, A Ponte e Xares, ademais das súas lendas, e razóns antropolóxicas. As lagoas glaciais de Trevinca tamén son sempre un motivo de visita e unha forma moi interesante para coñecer as súas características glaciais. O Centro de Interpretación da Montaña de Trevinca en A Ponte, nos ofrece a posibilidade dun percorrido didáctico por estas montañas.
¡¡ As Montañas de Trevinca-A Veiga xa son Paraiso Natural !!
Pola súa fauna e avifauna. Pola súa flora. Pola súa morfoloxía glaciar. Polos seus ríos e vales.
Polos seus bosques e limpos ceos nocturnos.
¡¡ Moi pronto debería de ser !!
¡¡ PARQUE NATURAL !!
Antonio Fernández (Cholo)
Técnico Deportivo N2 Escalada-Roca-Montañismo
Dirección da Actividade
Juanjo Lorenzo Veigas
Técnico Deportivo N2 – Media Montaña
Guía da Actividade
Mónica Rodríguez Fernández
Técnico Deportiva N1
Colaboradora
Marcos Pérez Rivas
Técnico Deportivo N1
Colaboradora
07:30 h | Saída da aldea de Vilanova de Trevinca (Comezo das Rutas de Montaña) |
08:15 h – 09:00 h | “Outeiro do Bruxo”. Razóns de antropoloxía nas lendas de Serpes e Dragóns. |
09:00 h – 09:15 h | Aldea de A Ponte. |
11:45 h – 12:00 h | “Balcón de A Serpe” |
13:30 h – 14:00 h | Pico Ocelo (por senda de corzos e lobos) |
17:30 h – 18:00 h | Chegada a aldea de Vilanova de Trevinca. Comentarios e clausura da actividade. |
-
EN PRIMEIRO LUGAR, SE ADVIRTE QUE, NO MOMENTO DA REALIZACIÓN DESTA ACTIVIDADE DEPORTIVO E CULTURAL, SE DEBEN CUMPRIR TÓDALAS NORMAS DE SEGURIDADE SANITARIA INDICADAS POLO MINISTERIO DE SANIDADE CON RELACIÓN AO COVID19 PARA AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS. TANTO A ORGANIZACIÓN COMA OS PARTICIPANTES, ESTAMOS OBRIGADOS/AS A MANTER E FACER CUMPRIR AS DISPOSICIÓNS DE SEGURIDADE E HIXIENE DURANTE TODO O TEMPO QUE DURE A ACTIVIDADE.
-
A data límite para anotarse á actividade, xoves, 15 de abril ata ás 15:00 horas.
-
É conveniente que os participantes nesta actividade estean en posesión da Licenza Federativa de Montañismo do ano 2021, de non ser así deberán indicalo na fihca de inscrición, para que a organización da actividade o tramite e se faga cargo do seu seguro de accidente.
-
Os/as menores de 18 anos terán que ir acompañados dos seus pais ou persoa acreditada que se responsabilice do menor.
-
Os desprazamentos dos/as participantes ata os lugares de reunión e saída, se realizarán por conta propia, nos seus vehículos particulares.
-
A comida do mediodía se realizará por conta propia.
-
Ademais do equipo apropiado segundo a climatoloxía, tódolos/as participantes no percorrido deberán levar o calzado idóneo para unha marcha por montaña, imprescindible, as botas de caña alta.
-
Non se permite a participación de cans ou calquera outro animal de compañía.
-
Non se permite o consumo de bebidas alcohólicas durante o percorrido.
-
En todo momento, os/as participantes están suxeitos as normas da organización e dirección dos/as responsables do percorrido.
-
No momento da inscrición, é obrigatorio informar á organización das posibles doenzas que puideran afectar ao participante durante o percorrido.
-
O lixo ou restos de calquera tipo xerados durante o percorrido, se depositarán nos contedores habilitados na aldea máis próxima ao punto de chegada.
-
PRAZAS LIMITADAS ás disposicións vixentes polas Administracións competentes en Sanidade no momento da realización da actividade.
Equipo: Vestimenta axeitada ás condicións meteorolóxicas dunha época primaveral con posibles cambios de temperatura. Se recomenda camisa ou camiseta de manga larga e pantalón largo. Botas de caña alta. Roupa de abrigo para as paradas. Gorra ou visera e lentes para protección solar. Crema de protección con factor no inferior a 50. Calquera outro material hixiénico de uso obrigatorio pola administración no momento de realizar a actividade.
Material Técnico: Bastóns. Mochila.
Completar: Comida de día – Auga (non menos de 1.5 l).
Acompañamento, charlas explicativas e tramitación de seguro de accidentes para os/as participantes non federados/as.
Horario | 9:50 h | Severidad del medio natural | 3 | ||
Desnivel de subida | 1625 m | Orientación en el itinerario | 4 | ||
Desnivel de bajada | 1639 m | Dificultad en el desplazamiento | 4 | ||
Distancia horizontal | 24,0 km | Cantidad de esfuerzo necesario | 4 | ||
Tipo de recorrido | Circular | ||||
Condiciones de verano, tiempos estimados según criterio MIDE, sin paradas. Calculado sobre datos de 2021. |
- Data límite para anotarse á actividade, xoves, 15 de abril ata as 15:00 h.
- Prazas limitadas en atención ás características de grande valor natural do itinerario
Nº PRAZAS
ACTUAL 16
CONFIRMADAS
05
- As prazas confirmadas son orientativas.
- A actualización non é automática.
- Consultar dispoñibilidade.
- 689.53.66.01
PLAN QUINQUENAL DE ACTIVIDADES 2019-2024
AS MONTAÑAS DE TREVINCA
Cima de Galicia
A Veiga – Ourense